Teaching GuideTerm Faculty of Nursing and Podiatry |
Grao en Enfermaría |
Subjects |
Mental Health Nursing |
Methodologies |
|
|
Identifying Data | 2020/21 | |||||||||||||
Subject | Mental Health Nursing | Code | 750G01015 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 2nd four-month period |
Second | Obligatory | 6 | ||||||||||
|
Methodologies | Description |
Objective test | Exame tipo test. A proba será elaborada co fin de valorar o nivel de coñecementos teóricos do alumnado. A proba poderá realizarse de maneira presencial ou virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais. |
Critical bibliographical | A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema. A lectura crítica da documentación aportada (capitulo libros, artigos, tesis...) complementarase con a resposta, por parte do alumnado, a unha serie de preguntas realizadas sobre o tema. - Esta metodoloxía realizarse de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre o docente e o alumnado. |
Online forum | Espazo de discusión informal destinado aos estudantes para o tratamento dun tema ou problema, que se desenvolve a través dunha contorna virtual de aprendizaxe mediante ferramentas de comunicación asíncrona (foro). - Esta metodoloxía realizarse de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre o docente e o alumnado. |
Simulation | Consiste na representación dun fenómeno de natureza física, técnica ou psicolóxica, que permite unha análise máis sinxela, económica ou inocua que si se levara a cabo sobre o orixinal ou na realidade. Ponse ao suxeito ante unhas condicións hipotéticas nas cales se proba o seu comportamento ante situacións concretas, os seus coñecementos, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias. Baséase, por tanto, na configuración de situacións similares ás que se producen nun contexto real, coa finalidade de utilizalas como experiencias de aprendizaxe ou como procedemento para a avaliación. Cada grupo realizará, por medio dun escenario de simulación, varios vídeos dunha duración de entre 8-10´ onde se recolla o manexo dunha situación indicada polo docente. - O alumnado dividirase en grupos de número reducido. - Unha parte desta metodoloxía poderase realizar de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre o docente e o alumnado. |
Workshop | Obradoiros deseñados para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do docente por medio da simulación e da práctica deliberada. Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Nunha sesión conxunta con cada grupo traballásense as habilidades que se identificaron previamente nas simulacions presentadas en vídeo e proporanse accións de mellora detectadas a partir da rúbrica de avaliación. Nestas sesións o docente, por medio do modelado, presentará a conduta ou habilidade que se quere mellorar e posteriormente, a través da dramatización ou role playing, os alumnos ensaiarán a conduta ou práctica que se pretende mellorar e/ou aprender. Finalmente, realizarase un debriefing e peche da sesión. - O alumnado dividirase en grupos de número reducido. - Unha parte desta metodoloxía poderase realizar de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre o docente e o alumnado. |
Guest lecture / keynote speech | Os contidos teóricos básicos da materia serán impartidos mediante lección maxistral, pero cun enfoque participativo por parte do alumnado. Baseada na exposición oral complementada co uso de audiovisuais e introdución dalgunhas preguntas dirixidas o alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. - Esta metodoloxía realizarase de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre os docentes e o alumnado. |
|