Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Enfermaría da Saúde Mental
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A59 B2 B3 B4 B8 C6 C11 Exame tipo test, cunha única resposta correcta. É obrigatoria e supón un 70% (7 puntos) da nota total. 70
Estudo de casos A59 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B16 B24 C3 C6 C10 Valorarase o problema exposto e as conclusións establecidas, a reflexión xeral do aprendido no caso exposto, o pensamento crítico sobre o caso e a xustificación das intervencións e/ou respostas a través de bases documentais, normas e leis actuais. 5
Aprendizaxe colaborativa A59 B2 B3 B5 B6 B15 B16 B24 C3 C12 A realización do traballo colaborativo é obrigatoria. Valorarase: adecuación ao guión solicitado, integración de coñecementos teóricos básicos na aplicación práctica, estilo e bibliografía.
Sendo necesario un mínimo de 1 punto para superar esta actividade.
20
 
Observacións avaliación

A asistencia ás sesións de atención personalizada formará parte da evaluación. O propósito é xerar no alumnado unha autoevaluación xeral do aprendido, dos logros alcanzados, o desenvolvemento de competencias, así como unha reflexión crítica das necesidades de mellora do proceso de ensino. Prover o alumnado de retroalimentación específica das súas fortalezas e debilidades, de tal modo que poida aproveitar posibilidades e rectificar as deficiencias identificadas. Valorásese a capacidade de traballo de forma colaborativa dentro do grupo, a relación de axuda dentro do grupo e resolver problemas de forma efectiva, así coma outros aspectos que demostren o seu grado de excelencia e destacado coñecimento e interese por a materia.Terá unha cualificación do 5% (0,5 puntos)

Para superar esta materia o alumnado debe superar cada unha das partes, aprendizado colaborativo, estudo de casos e proba objetiva.

A cualificación de non presentadootorgaras a aquel alumnado que non se presentan ao exame nin participasen nas actividades programadas. 

Os/as alumnos/as que para rematar os seus estudos se acollan á convocatoria adiantada de Decembro, deben cumprir os mesmos requisitos que nas convocatorias ordinarias. Igualmente para os/as alumnos/as de "2ª oportunidade".

Para aqueles alumnos con matrícula a tempo parcial poderán optar a non acudir as actividades grupales do aprendizaxe colaborativo, pero deberán
traballar nos casos programados (según a documentación do moodle) e presentalos de forma individual e presencial nas tutorias programadas. 

Convocatorias de segunda e posteriores matrículas: Para aqueles alumnos/as que cursen a materia e realicen o traballo colaborativo coa cualificación de aprobado, poden volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só ao exame teórico final, tendo en conta que a cualificación do exame teórico fará media coa cualificación obtida no curso académico no que cursase o aprendizaje colaborativo.

Os/as alumnos/as que non se presenten ao examen final terán a calificación de non preentado (N.P.). Neste caso se lles conservará a nota da actividade "aprendizado colaborativa" e "estudio de casos" para futuras convocatorias. 


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes