Teaching GuideTerm Faculty of Nursing and Podiatry |
Grao en Enfermaría |
Subjects |
Mental Health Nursing |
Assessment |
|
|
Identifying Data | 2020/21 | |||||||||||||
Subject | Mental Health Nursing | Code | 750G01015 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 2nd four-month period |
Second | Obligatory | 6 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Online forum | B3 B4 B8 B16 C3 C11 | Valórase a participación e a capacidade reflexiva sobre os temas achegados e/ou expostos nos foros, a expresión escrita dos comentarios, suxestións e/ou reflexións expostas polo alumnado. A súa capacidade de análise e pensamento crítico, así como a súa creatividade. É obligatoria, a participación no foros supón o 5% (0,5 puntos) da nota final. |
5 |
Workshop | A59 B2 B5 B7 B15 B16 C12 C10 | Valórase a participación nos obradoiros, as habilidades e conductas mostradas como resposta as accións de mellora e a adquisición de novas habilidades a través da práctica dramatizada ou role playing a partir da rúbrica de avaliación presentada inicialmente. É obrigatoria e supón o 10% (1 puntos) da nota final. Será necesario alcanzar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as calificacións do resto de actividades. |
10 |
Objective test | A59 B2 B3 B4 B8 C6 C11 | Exame tipo test, cunha única resposta correcta. É obrigatoria e supón un 40% (4 puntos) da nota total. As respostas incorrectas descontarán aplicando a seguinte fórmula: Puntuación= nº de acertos – (nº erros/4) ou nº de acertos-(nº de errosx0.25). Será necesario acadar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as calificacións do resto de actividades. |
40 |
Simulation | A59 B2 B3 B5 B6 B7 B15 B16 B24 C10 C11 C12 | Avalíanse os seguintes aspectos das simulacions presentadas: Capacidade de expresión e comunicación co paciente, familiar e resto do persoal que aparezan no escenario. Valorarase especialmente a capacidade de expresión e comunicación co paciente en todo o proceso de simulación. Aplicación de coñecementos na toma de decisións que requira o escenario. Habilidades practicas de coidados, técnicas e intervencións de enfermaría. A capacidade de resposta do alumno, de iniciativa, de organización e planificación que requira o escenario. O alumnado disporá inicialmente da rúbrica de avaliación. É obrigatoria e supón o 20% (2 puntos) da nota final. Será necesario alcanzar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as calificacións do resto de actividades. |
20 |
Critical bibliographical | B3 B8 B16 C6 C7 C11 | A comprensión da documentación achegada valórase a través das respostas, por parte do alumnado, a unha serie de preguntas realizadas sobre o tema ou a entrega de breves comentarios sobre o contido dos textos. É obrigatoria e supón o 25% (2,5 puntos) da nota final. Será necesario alcanzar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as calificacións do resto de actividades. |
25 |
Assessment comments | |||
Para superar a materia no SISTEMA ORDINARIO (obrigatorio para todo o alumnado con matricula ordinaria) o estudiantado debe superar cada unha das partes: recensión bibliográfica (25%), simulación (20%), obradoiro (10%), foro virtual (5%) y proba obxetiva (40%). A cualificación de non presentado: otorgarase ao alumnado que non se presente ao exame nin participe nas actividades programadas. O alumnado da convocatoria adiantada de Decembro e Segunda Oportunidade, debe cumprir os mesmos requisitos que nas convocatorias ordinarias. O alumnado con matrícula a tempo parcial (con o sin dispensa académica) poderá optar a non acudir as actividades grupais presenciais, pero deberá traballar nas actividades programadas (según a documentación do moodle) e presentalas de forma individual na plataforma moodle ou de forma presencial nas tutorías programadas. Convocatorias de segunda e posteriores matrículas: Para aqueles alumnos/as que cursen a materia e finalicen as actividades programadas coa cualificación de aprobado, poden volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só a proba obxectiva, tendo en conta que a cualificación da mesma fará media coa cualificación obtida no curso académico no que cursase o resto de actividades. Para optar á matrícula de honra, o alumnado deberá acadar unha calificación final entre 9,6 - 10. SEGUNDA OPORTUNIDADE E OUTRAS: O/a estudante de "2ª oportunidade e outras" seguirá o sistema de avaliación da 1ª oportunidade. Poderá presentar as actividades académicas pendentes, ou as non superadas, e acudir á proba obxectiva. |
|