Teaching GuideTerm
Faculty of Nursing and Podiatry
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Subjects
  Professional Ethics, Legal Framework and Philosophy of Care
   Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Os contidos teóricos básicos da materia serán impartidos mediante lección maxistral, pero cun enfoque participativo por parte do alumnado. Baseada na exposición oral complementada co uso de audiovisuais e introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

- Esta metodoloxía realizarase de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre os docentes e o alumnado.
Collaborative learning Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e comunicación.
A metodoloxía utilizada nesta materia basearase na Aprendizaxe Baseada en Problemas (ABP). É un método didáctico que permite ao alumnado adquirir coñecementos, habilidades e actitudes, para ser capaz de identificar, analizar e resolver problemas de saúde de maneira eficaz, eficiente e humana (Bridges, 1991; Branda, 1990)
No ABP un grupo pequeno reúnese, coa facilitación de titor, para analizar e resolver un problema (escenario) seleccionado ou deseñado especialmente para o logro de certos obxectivos de aprendizaxe.
O estudante integrado, obrigatoriamente dentro dun grupo pequeno, traballará conxuntamente na resolución das tarefas asignadas polo profesor para optimizar a súa aprendizaxe e o do resto dos membros do grupo. Traballásese polo menos 5 escenarios e/ou casos.
O desenvolvemento de cada escenario farase durante as horas de seminario e en cada grupo nas horas de traballo autónomo.
Os grupos comporanse o primeiro día de clase da materia. Os resultados dos escenarios entregaranse a través da plataforma Moodle.

- Unha parte desta metodoloxía poderase realizar de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre o docente e o alumnado.
Oral presentation Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da cal o alumnado e o profesor interactúan dun modo ordenado, propondo cuestións, realizando aclaracións, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Os resultados do traballo realizado con metodoloxía colaborativa serán presentados na aula e argumentado diante do resto do estudiantado.

- Unha parte desta metodoloxía poderase realizar de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre o docente e o alumnado.
Online forum Espazo de discusión informal destinado aos estudantes para o tratamento dun tema ou problema, que se desenvolve a través dunha contorna virtual de aprendizaxe mediante ferramentas de comunicación asíncrona (foro).

- Esta metodoloxía realizarse de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre o docente e o alumnado.
Critical bibliographical A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema.
A lectura crítica da documentación aportada (capitulo libros, artigos, tesis...) complementarase con a resposta, por parte do alumnado, a unha serie de preguntas realizadas sobre o tema.

- Esta metodoloxía realizarse de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre o docente e o alumnado.
Objective test Exame tipo test. A proba será elaborada co fin de valorar o nivel de coñecementos teóricos do alumnado.

A proba poderá realizarse de maneira presencial ou virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes