Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Enfermaría clínica III
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Enfermaría clínica III Código 750G01017
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Terceiro Obrigatoria 9
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Pérez Castro, Teresa Rosalía
Correo electrónico
t.perez@udc.es
Profesorado
Gago García, Esther
Pérez Castro, Teresa Rosalía
Correo electrónico
e.gago@udc.es
t.perez@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral A asignatura de Enfermaría Clínica III pertence ó Grao en Enfermaría, desenrolándose no terceiro curso, con carácter anual. Ten asignados 9 créditos, o que supón 225 horas de carga lectiva para o alumno. Os principais temas ou núcleos de coñecemento abarcan alteracións neurolóxicas, cardiolóxicas, inmunolóxicas, hematolóxicas, dos sentidos (oftalmolóxicas, autitivas), da pel, e a atención a doentes en estado crítico, partindo dunha base anatómica e fisiolóxica. O propósito desta materia é capacitar ao estudante para identificar as principais alteracións de saúde nas persoas adultas, as súas consecuencias a nivel persoal, familiar e comunitario; planificar e avaliar os coidados de enfermaría, adaptóndoos ó ámbito de actuación profesional, sendo o obxectivo dos coidados conseguir o maior grao de independencia das persoas
Plan de continxencia En caso de imposibilidade de facer a docencia programada de xeito persoal por alerta sanitaria, o formato modificarase, converténdose en docencia non presencial, mediante sesións telemáticas a través de Teams, co soporte audiovisual pertinente, ao que se poderá acceder a través de Moodle 1. Modificacións nos contidos:ninguna 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: a docencia expositiva virtual e os seminarios grupais (só os que sexan virtuais) *Metodoloxías docentes que se modifican: Os seminarios presenciais convertiranse en virtuais con mecánicas de grupo. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: A través de MOODLE: para resolución de dudas a través do correo ou do Foro de dudas. Frecuencia: según demanda A través de TEAMS: para tutorías virtuais, mantendo os mesmos horarios que estaban marcados para as tutorías presenciais, ou en caso de ser necesario, adaptando os horarios para facilitar as reunións. Máximo 1 h semanal por alumno que o solicite 4. Modificacións na avaliación: Resposta múltiple e probas: No caso de non poder facerse de forma presencial faranse telemáticamente de forma síncrona na hora marcada, con participación obrigatoria na sesión que se creará en Teams para ese fin, coa cámara e o sonido acendidos. *Observacións de avaliación: • Antes da realización das probas pasarase lista. En caso de non celebrarse de forma presencial pasarase lista a través de MicrosoftTeams na reunión creada para o evento. En caso de realización non presencial, durante a realización das probas escritas, os alumnos deberán permanecer conectados a Teams a través de videoconferencia. O docente poderá fixar a cámara do estudante que desexe, e activar o micrófono do estudante que desexe. En calquera momento da videoconferencia o docente pode pedir que amosen a súa pantalla é/ou o que estean escribindo en papel. • En caso de mala conexión do estudante, a proba farase por chamada telefónica na data oficial, nunha hora marcada para tal fin. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: ninguna
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes