Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Enfermaría clínica III
   Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Proba de resposta múltiple
Lecturas
Descrición
A atención personalizada para as metodoloxías consistirá no seguimento por parte do profesor do proceso de aprendizaxe do alumnado para cada caso clínico ou lectura proposto, de tal forma que este tempo contribúa a orientar e a apoiar os avances por parte do alumno. Esta atención poderá ter tanto un carácter presencial, ben de forma individual ou en pequeno grupo, ou de forma telemática, mediante a supervisión dos arquivos que proporcionen os alumnos ante o requirimento do profesor sobre o tema que se estea a tratar.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo establece a “Norma que regula o Réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao na UDC” (Arts 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/2012). Este alumnado desenvolverá a súa actividade coa participación nas dinámicas propostas para a materia descritas para os Estudos de Casos e as Lecturas, tendo en conta a flexibilidade de asistencia-participación e os requisitos para superar a materia
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes