Asignatura dirixida a dar continuidade ao aprendido na materia Enfermaría comunitaria I, levándoa a un nivel maior de profundidade e especialización. Nesta materia desenvolverase a estructura do sistema sanitario no que acontece o traballo dos enfermeiros comunitarios, e abordaranse os principais e máis actuais retos da saúde pública e a atención primaria en pos de unha atención comunitaria baseada no empoderamento persoal e comunitario onde sexan os propios cidadáns os que lideren o futuro dos coidados que queren recibir no ámbito da comunidade.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizará ningunha modificación
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas
*Metodoloxías docentes que se modifican
Realizarase de maneira virtual a totalidade dos seminarios e probas
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Para a comunicación e seguimento do alumnado utilizaranse as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual da UDC a canle principal de comunicación.
4. Modificacións na avaliación
Ningunha
*Observacións de avaliación:
A realización das probas será mediante o uso das ferramentas informáticas institucionais
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías