Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Enfermaría Xerontolóxica
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Enfermaría Xerontolóxica Código 750G01020
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Garcia Martinez, Carmen Maria
Correo electrónico
maria.garciam@udc.es
Profesorado
Garcia Martinez, Carmen Maria
Correo electrónico
maria.garciam@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral A Materia de Enfermaría Xerontolóxica ten como meta que o estudante adquira coñecementos, habilidades e actitudes sobre a problemática bio-psico-social do ancián, o que o capacitará para dar coidados integrais de fomento da saúde, prevención da enfermidade, recuperación e rehabilitación física e social, así como o coñecememto das causas e das consecuencias do envellecemento individual e poboacional.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non habra modificacións nos contidos 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Sesión maxistral con soporte audiovisuais realizada de modo síncrona, e complementada con pdf dos temas a tratar, para facilitar a adquisición de competencias e o seguimento do temario, a través da plataforma Teams - Análise de fontes documentais, con entrega individual dunhas tarefas en Moodle que recollan a reflexión por parte do estudante - Estudo de casos realizados de xeito individual a través de tarefas de moodle, e corrixidos de xeito grupal nas clases de grupo reducido, a través da plataforma Teams. - Probas a través da plataforma moodle, relacionadas cos temas impartidos na Clase magistral on line, preparatorias para o exame final. *Metodoloxías docentes que se modifican - Sesión maxistral: farase mais participativa co obxectivo de aclarar dúbidas, xa que o temario e materiais audiovisuais estarán a disposición do estudante desde o 1º día de clase, nunha planificación detallada diaría con tarefas a desenvolver . - Traballos tutelados: non se levará a cabo esta metodoloxía, será substituida pola resolución dun caso formulado pola docente. - Estudo de casos: realizaranse de xeito individual, e con discusión na clase de grupo reducido en Teams. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: MOODLE para resolución de dudas a través do correo ou do Foro de dudas. Frecuencia: según demanda TEAMS para tutorías virtuais, mantendo os mesmos horarios que estaban marcados para as tutorías presenciais, ou en caso de ser necesario, adaptando os horarios para facilitar as reunións. Máximo 1 h semanal por alumno que o solicite. * Modificacións na avaliación: Estudo de casos: 40% da nota final.Entrega de casos con traballo individual e que despois de seren discutidos na aula, deben ser capaces de reflectilo nun documento escrito de forma coherente e ordenada, segundo as recomendacións metodolóxicas establecidas. A corrección realizarase mediante rúbrica sinxela,entregada ao estudante o primer día de traballo en grupo reducido. Farase búsqueda biliográfica de evidencia científica actual en cada caso. Proba de resposta mixta: 60% da nota final. Realizarase unha proba mixta nun tempo de 55 minutos a través de Moodle, de forma sincrónica na hora marcada. Cada proba constará de 10 preguntas. As preguntas procederán dun banco de preguntas que se presentarán de forma aleatoria por bloques a cada alumno. Os contidos que se avaliarán nesta proba serán os desenvolvidos durante as sesións maxistrais, os seminarios e os estudos de casos. * Observacións na avaliación: • As probas superadas na primeira oportunidade (febreiro) se conservaran para a segunda oportunidade (xullo). • Os estudantes con matrícula a tempo parcial, acolleranse á modalidade de exame de proba mixta que constará de preguntas cortas e estudos de casos, e supondrá o 100% da nota. • Sistema de calificacións: O sistema de calificacións expresaráse mediante calificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que establecese o sistema europeo de créditos e o sistema de calificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. 0-4,9 = Suspenso 5-6,9 = Aprobado 7-8,9 = Notable 9-10 = Sobresainte 9-10= Matrícula de Honra (Graciable). • Non Presentado: no acta de calificacions figurará como non presentado (N.P.) aquel estudante que non se presente a proba escrita final. • Matrícula de honra: otorgarase automáticamente aos alumnos que alcancen a maior calificación, sempre que esta sea igual o superior a 9,0. no caso que exista maior número de alumnos que matrículas de honra asignadas a materia, adxudicaranse aos alumnos con mellor nota media nos estudos de caso, de coincidir as notas, dos estudos de casos, adxudicaranse aos alumnos con mellor nota na proba mixta. Outras consideracións: • Antes da realización das probas pasaráse lista, a través de MicrosoftTeams. Durante a realización das probas escritas, os alumnos deberán permanecer conectados a Teams a través de videoconferencia. O docente poderá fixar a cámara ao estudiante que deséxe, e activar o micrófono do estudiante. En cualquier momento da videoconferencia o docente pode pedir que enseñe a sua pantalla o que está escribindo no papel. No caso de mala conexión do estudante, la proba se fará por chamada telefónica na data oficial, nunha hora marcada para tal fin sempre que se constate o erro da rede ou de conexión. . Modificacións da bibliografía ou webgrafía Facilitaráse o acceso a bibliografía online y articulos relacionados con los temas a tratar estarán en la plataforma Moodle. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Facilitarase o acceso á bibliografía online e a artigos relacionados cos temas a tratar, estarán na plataforma Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes