Teaching GuideTerm
Faculty of Nursing and Podiatry
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Subjects
  Gerontological Nursing
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Mixed objective/subjective test A49 A50 A51 A52 B8 B9 B13 B2 B3 B8 C10 Proba escrita con pregunta curta, tipo test e a resolución de casos prácticos para avaliar, fundamentalmente, a aprendizaxe das competencias.
Sendo condición indispensable para superar a materia haber superado o examen con nota igual o superior a un 5 sobre 10. Esta proba suporá o 60% da cualificación final.
60
Supervised projects A50 A51 A52 A49 B1 B3 B8 B13 C4 C10 C11 C12 A realización dos traballos tutelados será obrigatoria. Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. Suporá o 20% da cualificación final. Para a avaliación dos traballos seguiranse criterios de calidade sobre: presentación, estrutura, contidos, bibliografía e exposición oral, de se realizar. 20
Case study A50 A51 A52 A49 B2 B3 B8 B13 B1 B9 C11 C12 C10 A asistencia e participación activa na aula a través dos grupos de traballo, onde se avaliará a adquisición de competencias, suporá o 20% da cualificación final. A avaliación farase tendo en conta, fundamentalmente, os seguintes aspectos: valoración, diagnósticos e planificación de resultados e intervencións de enfermaría.
A asistencia a os grupos de traballo será obrigatoria.
20
 
Assessment comments
  • Os criterios de avaliación da segunda oportunidade (xullo) serán os mesmos cos da primeira oportunidade (febreiro).
  • As probas superadas na primeira oportunidade (febreiro) conservaranse só para a segunda oportunidade (xullo).
  • Os estudantes con matricula a tempo parcial e os que soliciten adianto de oportunidade, acolleranse á modalidade de exame de proba mixta que constará de preguntas curtas e estudos de casos, e suporá o 100% da nota.
  • Os estudantes que opten a matricula de honra deberán ter unha cualificación superior a 9 na proba mixta e ter superadas o resto de metodoloxías coa nota máxima.
  • Matricula de honra: será outorgada automáticamente aos estudantes que alcancen maior cualificación, sempre que sexa igualou superior a 9,0. No caso de que exista maior número de estudantes que matrículas de honra asignadas á materia, adxudicaranse ós estudantes con mellor nota media nos estudos de casos e traballos tutelados, no caso de coincidir as cualificacións dos estudos de casos e traballos tutelados adxudicaranse ós estudantes con mellor nota da proba mixta.
  • Os estudantes que non presenten os estudos de casos e/ou traballo tutelado, obteran un no presentado, aínda que realicen a proba mixta.
  • Non presentado: no acta de cualificacións figurará como non presentado (NP) aquel estudante que non se presente a proba mixta final       
  • A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia.
  • A entrega dos traballos tutelados, farase en papel:
  • - Non se empregarán plásticos
    - Realizaranse impresións a dobre cara
    - Empregarase papel reciclado
    - Evitarase a impresión de borradores


  • Na realización dos traballos tutelados, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluido aquel obtido a través de Internet, sen indicación expresa da sua procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade.
  • Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes