Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Enfermaría Xerontolóxica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A49 A50 A51 A52 B8 B9 B13 B2 B3 B8 C10 Proba escrita con pregunta curta, tipo test e a resolución de casos prácticos para avaliar, fundamentalmente, a aprendizaxe das competencias.
Sendo condición indispensable para superar a materia haber superado o examen con nota igual o superior a un 5 sobre 10. Esta proba suporá o 60% da cualificación final.
60
Traballos tutelados A50 A51 A52 A49 B1 B3 B8 B13 C4 C10 C11 C12 A realización dos traballos tutelados será obrigatoria. Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. Suporá o 20% da cualificación final. Para a avaliación dos traballos seguiranse criterios de calidade sobre: presentación, estrutura, contidos, bibliografía e exposición oral, de se realizar. 20
Estudo de casos A50 A51 A52 A49 B2 B3 B8 B13 B1 B9 C11 C12 C10 A asistencia e participación activa na aula a través dos grupos de traballo, onde se avaliará a adquisición de competencias, suporá o 20% da cualificación final. A avaliación farase tendo en conta, fundamentalmente, os seguintes aspectos: valoración, diagnósticos e planificación de resultados e intervencións de enfermaría.
A asistencia a os grupos de traballo será obrigatoria.
20
 
Observacións avaliación
  • Os criterios de avaliación da segunda oportunidade (xullo) serán os mesmos cos da primeira oportunidade (febreiro).
  • As probas superadas na primeira oportunidade (febreiro) conservaranse só para a segunda oportunidade (xullo).
  • Os estudantes con matricula a tempo parcial e os que soliciten adianto de oportunidade, acolleranse á modalidade de exame de proba mixta que constará de preguntas curtas e estudos de casos, e suporá o 100% da nota.
  • Os estudantes que opten a matricula de honra deberán ter unha cualificación superior a 9 na proba mixta e ter superadas o resto de metodoloxías coa nota máxima.
  • Matricula de honra: será outorgada automáticamente aos estudantes que alcancen maior cualificación, sempre que sexa igualou superior a 9,0. No caso de que exista maior número de estudantes que matrículas de honra asignadas á materia, adxudicaranse ós estudantes con mellor nota media nos estudos de casos e traballos tutelados, no caso de coincidir as cualificacións dos estudos de casos e traballos tutelados adxudicaranse ós estudantes con mellor nota da proba mixta.
  • Os estudantes que non presenten os estudos de casos e/ou traballo tutelado, obteran un no presentado, aínda que realicen a proba mixta.
  • Non presentado: no acta de cualificacións figurará como non presentado (NP) aquel estudante que non se presente a proba mixta final       
  • A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia.
  • A entrega dos traballos tutelados, farase en papel:
  • - Non se empregarán plásticos
    - Realizaranse impresións a dobre cara
    - Empregarase papel reciclado
    - Evitarase a impresión de borradores


  • Na realización dos traballos tutelados, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluido aquel obtido a través de Internet, sen indicación expresa da sua procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade.
  • Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes