Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Xestión dos servizos da Enfermaría
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A55 A54 B11 B21 C1 C11 C12 Elaboración de un traballo colaborativo e posterior defensa teórica e metodolóxica.
Na avaliación deste traballo terase en conta a asistencia e participación activa nas titorías de seguimento e a exposición e defensa do mesmo.
20
Análise de fontes documentais A53 A54 B1 B3 B5 B8 B12 C11 A asistencia e participación activa na aula a través dos grupos de traballo na utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Suporá o 15% da cualificación final. 10
Simulación A55 B2 B3 B5 B7 B12 B13 B18 B22 C11 A asistencia e participación activa na aula na representación dun fenómeno de natureza física, técnica ou psicolóxica, que permite unha análise máis sinxela, económica ou inocua que si se levara a cabo sobre o orixinal ou na realidade. Suporá o 15% da cualificación final. 20
Proba obxectiva A53 A54 A55 B8 C10 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
As respostas incorrectas descontarán aplicando a seguinte fórmula ((acertos-fallos)x0.33)/3.
Sera necesario acadar o 50% para superar a materia e sumar as puntuacións das outras metodoloxias.
50
 
Observacións avaliación

MATRICULA PARCIAL: Os/as estudantes con matricula parcial serán avaliados/as acolléndose ó sistema de avaliación da PRIMEIRA OPORTUNIDADE ou ó sistema de avaliación da 2ª OPORTUNIDADE E OUTRAS. O/A estudante que se encontre en situación de matrícula parcial deberá comunicala súa elección á profesora responsable da materia durante o primeiro mes de docencia da materia. 

2ª OPORTUNIDADE E OUTRAS: O/A estudante de "2ª oportunidade e outras" pode acollerse ó sistema de avaliación de 1ª oportunidade ou optar a unha única proba obxectiva final que suporá o 100% da avaliación.

OPORTUNIDAD ADIANTADA: Proba obxectiva que suporá o 100% da avaliación.

MATRICULA DE HONRA: Valorarase outorgar MH  á nota máis alta por encima de 9. 

NON PRESENTADO: Outorgarase o "non presentado" a aqueles/as estudantes que non realizan a actividade proba obxectiva.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes