Análise de fontes documentais |
A53 A54 B1 B3 B5 B8 B12 C11 |
A asistencia e participación activa na aula a través dos grupos de traballo na utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Suporá o 15% da cualificación final. |
10 |
Simulación |
A55 B2 B3 B5 B7 B12 B13 B18 B22 C11 |
A asistencia e participación activa na aula na representación dun fenómeno de natureza física, técnica ou psicolóxica, que permite unha análise máis sinxela, económica ou inocua que si se levara a cabo sobre o orixinal ou na realidade. Suporá o 15% da cualificación final. |
20 |
Proba obxectiva |
A53 A54 A55 B8 C10 |
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.
A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
As respostas incorrectas descontarán aplicando a seguinte fórmula ((acertos-fallos)x0.33)/3.
Sera necesario acadar o 50% para superar a materia e sumar as puntuacións das outras metodoloxias. |
50 |