Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Enfermaría Laboral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A29 A30 A38 A56 As preguntas de resposta curta puntúanse entre 0 e 1 e supoñen o 50% do exame. As preguntas tipo test de resposta única constitúen o outro 50% da nota. As preguntas non acertadas restan. 25
Traballos tutelados A38 B5 B7 B10 B12 A realización dos traballos en grupo é obrigatoria. Valorarase principalmente o rigor na realización destes. Na valoración dos traballos inclúese a análise das fontes documentais e a presentación oral. 35
Presentación oral B7 C1 Presentación oral pública do traballo tutelado utilizando teams 40
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é necesario superar as dúas partes avaliables desta. Cada unha das partes considérase superada ao alcanzar a metade do seu valor de avaliación.


MATRICULA DE HONRA: Poderán optar a matrícula de honra os alumnos/as cuxa media supere o 9.5. O profesor da materia poderá considerar criterios adicionais nos resultados obtidos polos estudantes en calquera das accións formativas programadas na guía docente.
CUALIFICACIÓN NON PRESENTADO: Os criterios rexeranse polos establecidos nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario da UDC".
OPORTUNIDADE ADIANTADA: Os criterios rexeranse polos establecidos nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario da UDC".
MATRICULA PARCIAL: Os criterios de avaliación serán os mesmos que na matrícula ordinaria e os traballos en grupo adaptaranse para a realización de forma individual polo alumno/a.
SEGUNDA OPORTUNIDADE: Rexerase polos mesmos criterios que a primeira. Se o alumno/a non realizou ou superou os traballos, terá que presentar o traballo ou traballos que previo contacto co profesor.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes