Teaching GuideTerm
Faculty of Nursing and Podiatry
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Subjects
  Pharmacotherapy
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Workshop A4 A5 A6 A38 B2 B4 B5 C1 C4 C7 C10 C12 Puntúase a asistencia do alumno e o resultado das probas realizadas. 25
Objective test A4 A5 A6 A38 B2 B4 C1 C7 C10 C12 A avaliación da proba obxectiva estará composta de dous partes: 1.) Presentación oral, supón o 35% da nota final e 2.) Proba de resposta múltiple, que supón o 40% da nota final: O alumno deberá realizar unha proba de 50 preguntas tipo test con resposta múltiple, unha correcta de entre 5 posibles. Non puntúa negativo. O aprobado (5) estará no 70% das respostas correctas, é dicir, o número de respostas correctas para aprobar é de 35. É necesario obter un aprobado no exame para poder sumar a puntuación ao resto da avaliación da materia. As respostas serán evaluadas únicamente na plantilla de respostas do examen. 75
 
Assessment comments

O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional

Sistema de cualificacións:

0-4.9=Suspenso

5-6.9=Aprobado

7-8.9=Notable

9-10=Sobresaliente

9-10 Matrícula de Honra (Graciable)

Alumnos con matrícula a tempo parcial (deben mandar e-mail ao profesor indicando a súa situación ao principio do curso): a avaliación dos talleres realizarase pola entrega dos exercicios expostos en cada taller na plataforma moodle. A avaliación da proba obxectiva realizarase seguindo as indicacións desta guía. Nestes casos, a presentación oral da proba obxectivas será acordada co alumno/a sen ter que ser o día que lle corresponde.

Alumnos con segunda matrícula e posteriores (deben mandar e-mail ao profesor indicando a súa situación ao principio do curso): poden presentar dispensa académica e a avaliación dos talleres manterase da matrícula anterior. Poderase subir a nota volvendo realizar os exercicios expostos nos talleres nesa matrícula. A avaliación da proba obxectiva realizarase seguindo as indicacións desta guía.

Considerarase non presentado: aquel alumno que entregue menos do 50% dos exercicios expostos no taller e non realice a proba obxectiva.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes