Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Estancias Clinicas II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas clínicas A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 Informe da profesora asociada de prácticas clínicas, en coordinación coa responsable de cada unidade de enfermaría.

Avaliaranse as seguintes competencias:

1) Comunicación/Relación
2) Proceso Enfermeiro
3) Alteracións da Saúde/Ciclo Vital
4) Técnicas e Procedementos
5) Traballo en Equipo
6) Ética Profesional
80
Traballos tutelados B1 B3 B5 B7 B8 B9 B11 B13 B14 B15 B16 C1 C10 C11 Presentación e defensa dun traballo final. 20
 
Observacións avaliación
PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE

As prácticas clínicas son obrigatorias e non existen faltas xustificadas, polo que as ausencias debidamente acreditadas deberán recuperarse, sempre que non excedan do 50% das planificadas. As non xustificadas constitúen unha infracción grave e poden supoñer, a criterio do profesor titular responsable, o suspenso da materia. A recuperación das prácticas realizarase no período establecido polo profesor, antes da data de peche de actas.

As datas e horarios nas que cada estudante realizará as prácticas clínicas faranse públicas antes do inicio destas.

A aplicación das porcentaxes correspondentes realizarase sempre e cando o alumno teña as dúas probas (Prácticas Clínicas e Traballos Tutelados) superadas de xeito independente. Cando o alumno non supere de xeito independente as dúas probas supoñerá a cualificación de SUSPENSO en acta. A cualificación numérica obterase establecendo un mínimo en cada unha das partes.

O feito de non presentar o Traballo Tutelado e ter superado as prácticas clínicas implica figurar en acta como NON PRESENTADO, podendo presentalo na segunda oportunidade.

As probas superadas na primeira oportunidade conservaranse para a segunda oportunidade, coa cualificación obtida.

Os estudantes que no demostren ter acadado as competencias avaliadas na práctica clínica na primeira oportunidade, serán sometidos a un exame práctico que deberán superar para poder acceder novamente ao entorno clínico e proceder á recuperación desta parte da materia.

A materia atenderá ao establecido no Regulamento de Prácticas Clínicas e Prácticum da Facultade de Enfermaría e Podoloxía, vixente no curso académico.

MATRÍCULA DE HONRA:

Poderán optar a matrícula de honra aqueles estudantes cunha media superior ao 9,5 quedando supeditada á consideración dos profesores da materia, se así o estimasen oportuno.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes