Teaching GuideTerm
Faculty of Nursing and Podiatry
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Subjects
  Clinical Placement II
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Clinical practice placement A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 Informe da profesora asociada de prácticas clínicas, en coordinación coa responsable de cada unidade de enfermaría.

Avaliaranse as seguintes competencias:

1) Comunicación/Relación
2) Proceso Enfermeiro
3) Alteracións da Saúde/Ciclo Vital
4) Técnicas e Procedementos
5) Traballo en Equipo
6) Ética Profesional
80
Student portfolio B1 B3 B6 B8 B9 B10 B11 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 Documento composto de diferentes seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto de todas as actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno. A realización e entrega a través de Moodle do portafolio é de carácter obrigatorio. 20
 
Assessment comments
PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE

As prácticas clínicas son obrigatorias e non existen faltas xustificadas, polo que as ausencias debidamente acreditadas deberán recuperarse, sempre que non excedan do 50% das planificadas. As non xustificadas constitúen unha infracción grave e poden supoñer, a criterio do profesor titular responsable, o suspenso da materia. A recuperación das prácticas realizarase no período establecido polo profesor, antes da data de peche de actas.

As datas e horarios nas que cada estudante realizará as prácticas clínicas faranse públicas antes do inicio destas.

A aplicación das porcentaxes correspondentes realizarase sempre e cando o alumno teña as dúas probas (Prácticas Clínicas e Portafolio
) superadas de xeito independente. Cando o alumno non supere de xeito independente as dúas probas supoñerá a cualificación de SUSPENSO en acta. Se a media aritmética supera o 5, ao non ter superadas alcunha das avalaicións, figurará con 4,9 en acta. 

O feito de non presentar o Portafolio e ter superado as prácticas clínicas implica figurar en acta como NON PRESENTADO, podendo presentalo na segunda oportunidade.

As probas superadas na primeira oportunidade conservaranse para a segunda oportunidade, coa cualificación obtida.

Os estudantes que no demostren ter acadado as competencias avaliadas na práctica clínica na primeira oportunidade, serán sometidos a un exame práctico que deberán superar para poder acceder novamente ao entorno clínico e proceder á recuperación desta parte da materia.

A materia atenderá ao establecido no Regulamento de Prácticas Clínicas e Prácticum da Facultade de Enfermaría e Podoloxía, vixente no curso académico.

MATRÍCULA DE HONRA:

Poderán optar a matrícula de honra aqueles estudantes cunha media superior ao 9,5 quedando supeditada á consideración dos profesores da materia, se así o estimasen oportuno.


MATRÍCULA PARCIAL:

Os alumnos suxeitos a MATRICULA PARCIAL poderán solicitar un  rotatorio en concreto, a través de Moodle e durante o período que se estableza para ese efecto e sempre antes da publicación definitiva coa asignación.


DISPENSA ACADÉMICA:

Dada a obrigatoriedade de asistencia á práctica clínica, nesta materia non se admite dispensa académica.


FRAUDE E RESPONSABILIDADES DISCIPLINARIAS

Segundo o establecido na normativa da UDC:

1.- Se durante a realización dunha proba de avaliación os profesores responsables teñen coñecemento da quebra dos principios de decoro, legalidade ou mérito individual tales como o uso de documentos ou instrumentos non permitidos, a copia ou intento de copia dos resultados obtidos por compañeiros, a comunicación entre estudantes ou un comportamento impropio, procederase á expulsión inmediata do estudante da proba de avaliación e redactarase unha acta cos motivos, que se enviará ao decano ou director xunto coas verificacións documentais que estime oportunas para a súa valoración. Todo, sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese proceder de acordo coa cualificación da falta cometida polo alumno infractor.

2.- Queda prohibido o acceso á realización das probas de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos, non expresamente autorizados polo profesorado responsable, o cal será causa suficiente de expulsión da proba, logo de redactar a acta correspondente que se enviará ao centro.

3.- A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia.

4.- Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes