Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Estadías Clínicas III
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas clínicas A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C7 C10 C12 A súa realización é obrigatoria en tempo, horario e centro establecido desde a escola. Como resultado do rotatorio práctico, xerarase un informe final, o cal será elaborado polo profesor que tutorice ao alumno/a no centro sanitario. Este informe será finalmente valorado polo profesor responsable da materia.
Na elaboración do informe final teranse en consideración os coñecementos, as actitudes profesionais, as habilidades e destrezas técnicas e as aptitudes do/a alumno/a.
60
Solución de problemas A62 B1 B3 B5 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C3 C4 C11 C12 Criterios de avaliación no ámbito sociosanitario:
1. Asistencia obrigatoria (Seminario)
2. Presentación e estrutura: ata 1 puntos.
3. Claridade na redacción: ata 0,50 puntos.
4. Capacidade de análise e síntese: ata 0,50 puntos
5. Capacidade de crítica e achega persoal: ata 2 puntos.

Según rúbrica de avaliación, entregada o primeiro día no seminario a todo o alumnado.
Asistencia obrigatoria (Seminario)
40
 
Observacións avaliación

PRÁCTICAS CLÍNICAS:

Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes é necesario estar matriculado oficialmente na materia Estancias Clínicas III e ter superadas as Estancias Clínicas I e II, tal e como consta na memoria do Título de Grao.

O alumnado para superar as estancias clínicas IV deberá ter realizado o 100% das prácticas, faltas de asistencia recuperadas e xustificadas e avaliación positiva dos profesionais con unha nota igual o superior a 5 (sobre 10).

Existe a obrigatoriedade de asistir ás prácticas clínicas e non existen faltas xustificadas, polo que as ausencias debidamente acreditadas deberán recuperarse, sempre que non excedan do 50% das planificadas. As non xustificadas poden supor, a criterio dos profesores responsables da materia, o suspenso da materia. A recuperación das prácticas realizarase no período establecido polo profesor, antes da data de peche de actas.

A aplicación da cualificación correspondente realizarase a condición de que o alumno teña as dúas probas (Prácticas Clínicas e Solución de Problemas) superadas de maneira independente, en cada un dos ámbitos da Estancia Clínica

Para aprobar a materia é necesario superar de maneira independente as dúas probas (Prácticas Clínica e Solución de problemas). A non superación dunha das partes suporá a cualificación de SUSPENSO en acta. A cualificación numérica obterase establecendo un mínimo (Prácticas Clínicas 60% e solución de problemas 40%) en cada unha das partes.

A cualificación final da materia será a media ponderada das Estancias Clínicas realizadas no ámbito hospitalario, sociosanitario e saúde mental. 

O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.

Sistema de cualificacións: 

0-4.9=Suspenso

5-6.9=Aprobado

7-8.9=Notable

9-10=Sobresaliente

9-10 Matrícula de Honra (Graciable)

O feito de presentarse/realizar as prácticas clínicas e ser avaliado en calquera das probas implica figurar en acta como presentado coa cualificación correspondente.

Os aspectos e criterios xerais que se terán en consideración ao avaliar as actividades que se farán contorna á devandita metodoloxía (Prácticas Clínicas e Solución de problemas) son a asistencia, participación e compromiso individual e grupal, coherencia dos contidos abordados, coñecementos demostrados na actividade práctico-clínica e na solución de problemas, e as competencias adquiridas para esta materia.

As probas superadas na convocatoria de maio-xuño conservaranse para a convocatoria de xullo, coa cualificación obtida.

Convocatoria de segunda oportunidade: En caso de non superación da materia (práctica clínica/solución de problemas), poderá recuperar a metodoloxía correspondente a: solución de problemas con laa presentación dun novo traballo de solución de problemas, se é a parte non superada. No caso de ter SUSPENSAS as prácticas clínicas NON SON RECUPERABLES, está suxeito ao punto 5 do artigo 18 das NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DÁS CUALIFICACIÓNS DOS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO. Modificada polo Consello de Goberno de 29 de xuño de 2017 que sinala:

"Nas materias que pola súa natureza avalíense exclusivamente mediante actividades non recuperables, como pode ser o caso das prácticas en empresas, o prácticum ou as prácticas clínicas, os estudantes só poderán empregar a segunda oportunidade para recuperar outras actividades como a memoria ou os informes finais», neste caso só para a actividade de: solución de problemas.

As condicións para a obtención dunha matricula de honra son se obteña máis dun 90% da cualificación da materia, sexa a mellor cualificación da clase na oportunidade avaliada e a súa achega na solución de problemas e nas prácticas fose significativa.

A vixencia do aprobado das Estancias Clínicas manterase por un período de dous cursos lectivos consecutivos á realización das estancias aprobadas, no caso de ser suspenso a proba: solución de problemas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes