Teaching GuideTerm
Faculty of Nursing and Podiatry
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Subjects
  Clinical Placement IV
   Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Os resultados de aprendizaxe que é razoable esperar despois de cursar estancias IV son: - Competencias de traballo en equipo, facilitando que o alumnado sexa capaz de incorporarse a un equipo dende o que prestar coidados autónomos e en colaboración con outros, sen perder a perspectiva multidisciplinar - Competencias de comunicación e relación cos profesionais da saúde e coas persoas a quen dirixe os coidados; facendo da relación unha oportunidade para optimizar os coidados e crear relacións terapéuticas eficientes. - Competencias relativas ao manexo da saúde nas diferentes etapas do ciclo vital e nos problemas de saúde prevalentes, familiarizando ao alumnado cos principais problemas de saúde da poboación e o seu manexo dende a perspectiva dos coidados, pero especialmente facendo de él un axente de saúde da comunidade e un facilitador de coidados salutoxénicos ao longo de todo o ciclo de vida das persoas e familias da comunidade. - Competencias relativas ao manexo eficiente do proceso enfermeiro, permitindo ao alumnado que optimice co rigor e a sistematización que brinda o método de traballo dos enfermeiros, dende modelos de coidados salutoxénicos e á vez promovendo a súa capacidade de adaptarse a calquera equipo que traballe dende outra perspectiva. - Competencias relativas ao desempeño eficaz de técnicas e procedementos habituais que se realizan en atención primaria de saúde, sexa autónomamente ou en colaboración con outros membros do equipo, a fin de garantir un desempeño eficaz, seguro e responsable. - Competencias relativas á ética profesional, garantindo que o alumnado integre unha praxe respetuosa e responsable, coherente cos valores da comunidade e da profesión, que lle permitirán ser capaz de realizar un exercicio eficiente de abogacía pola saúde nos termos descritos pola organización mundial da saúde. A62
B1
B3
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
B15
B16
B19
B20
B22
B24
C1
C3
C4
C7
C10
C11
C12
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes