Guia docenteCurso
Facultad de Enfermería y Podología
  Inicio | galego | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Estancias Clínicas IV
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas clínicas As prácticas clínicas que se realizan en estancias IV constitúen unha oportunidade idónea de aprendizaxe e integración do traballo e das actitudes propias do/a enfermeiro/a comunitaria, toda vez que se producen no escenario real de coidado en que éste desenvolve a súa praxe e no marco dunha equipa multidisciplinar.

En elas o alumnado acompaña a un/unha enfermeiro/a comunitaria do que aprende primeiro por observación, reflexión e modelado da súa conducta e progresivamente pola asunción de responsabilidades na prestación de coidados directos ás personas que os precisan, baixo a supervisión do/da enfermeiro/a ao que acompaña.
Aprendizaxe servizo Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que o alumnnado se forma traballando en necesidades reais do seu entorno coa fin de melloralo.
Simulación A simulación é unha metodoloxía de aprendizaxe que permite ao alumnado realizar de maneira segura e controlada, unha práctica similar á que a executaría fronte ao paciente; facilítalle interactuar nunha contorna semellante á realidade cunha variada gama de elementos que debe aplicar a fin de resolver situacións predeterminadas que derivan dun determinado problema clínico.

Consiste na representación dun fenómeno de natureza física, técnica ou psicolóxica, que permite unha análise máis sinxela, económica ou inocua que si se levara a cabo sobre o orixinal ou na realidade. Ponse ao suxeito ante unhas condicións hipotéticas nas cales se proba o seu comportamento ante situacións concretas, os seus coñecementos, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias. Baséase, por tanto, na configuración de situacións similares ás que se producen nun contexto real, coa finalidade de utilizalas como experiencias de aprendizaxe ou como procedemento para a avaliación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes