Guia docenteCurso
Facultad de Enfermería y Podología
  Inicio | galego | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Estancias Clínicas V
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Estancias Clinicas I/750G01025
Estancias Clinicas II/750G01026
Estadías Clínicas III/750G01027

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Estancias Clínicas IV/750G01028
Estancias Clínicas VI/750G01030
Estancias Clínicas VII/750G01031

Materias que continúan o temario
Practicum/750G01032

Observacións
Recoméndase ao alumnado desta materia unha lectura profunda da normativa de Estancias Clínicas da Facultade. Esta será colgada no moodle da materia. 


A asistencia ás prácticas clínicas comprobarase mediante unha folla de firmas que se entregará ao principio das mesmas e que terá que ser asinada polo titor clínico que teña ese día (xunto co seu nome).

Non se contemplan faltas non xustificadas. As xustificadas (ausencias) comunicaranse formalmente ao titor clínico e ao docente da materia. 

Os cambios de quenda han de ser comunicados previamente ao docente e aceptados por este tras a aceptación polo titor clínico. Estes deben deben gardar un equilibrio no número de horas programadas en horario de mañá e tarde. 

O horario debe cumprirse na súa totalidade. Contémplase un descanso de 30 minutos por quenda. 

A asistencia a xornadas e congresos durante as prácticas este debe estar relacionado directamente coa materia, ser de carácter oficial, ser aprobado polo titor clínico e polo docente da materia previamente. 

A recuperación de días en mañás de sábado dependerá da propia unidade de rotación e as súas características e da aprobación do titor clínico. Non se contemplan recuperacións dobrando quenda. Non se permite o uso de móbiles salvo en horario de descanso.


Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XERO:

- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

- Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades clínicas realizadas co alumnado.

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula ou no contexto clínico, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Prestará especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

- Nesta materia, o profesorado, ten contraído o compromiso de aplicación da normativa da UDC ante situacións de plaxio.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes