Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Practicum
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Practicum Código 750G01032
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 24
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Rodriguez Maseda, Emma
Correo electrónico
emma.rodriguez.maseda@udc.es
Profesorado
Darriba Rodríguez, María Del Pilar
Fernández Basanta, Sara
Freijomil Vázquez, Carla
Garcia Sanchez, Maria Matilde
Movilla Fernandez, Maria Jesus
Rodriguez Maseda, Emma
Sobrido Prieto, Natalia
Correo electrónico
pilar.darriba@udc.es
sara.fbasanta@udc.es
carla.freijomil@udc.es
matilde.garcia@udc.es
maria.jesus.movilla@udc.es
emma.rodriguez.maseda@udc.es
natalia.sobrido@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Materia de práctica clínica de intervención integradora e avanzada, supervisada por profesionáis de enfermaría e por profesorado da Universidade situados nos recursos socio-sanitarios seleccionados como ámbitos clínicos de aprendizaxe práctica avanzada. O seu obxectivo fundamental, é permitir a incorporación por parte do alumnado dos valores profesionais, razoamento clínico, xestión clínica e o xuízo crítico. Ademais, o estudantado integrará os coñecementos, habilidades e actitudes da enfermaría como práctica profesional baseada en principios e valores, asociados ás competencias descritas nas materias que conforman o título.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos. Non existen modificacións nos contidos da materia. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Portafolios do alumno/a. Eventos científicos e/ou divulgativos. Prácticas clínicas. *Metodoloxías docentes que se modifican 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: De uso pra facer consultas e resolver dúbidas. – Moodle: Nas datas establecidas para as diferentes entregas, utilizaremos esta plataforma para facer o seguemento do portafolio do/a alumno/a. – Teams: Para as titorías e nas ocasións en que sexa necesario unha reunión diagnóstica do rotatorio de práctica clínica e ao final do rotatorio para a comunicación e/ou revisión da avaliación final e para a organización da Xornada Divulgativa. 4. Modificacións na avaliación Non existen modificacións no sistema de avaliación da materia. *Observacións de avaliación: A avaliación desta materia só será posible se o/a alumno/a completou alo menos o 75% das 470 h de practicas clínicas asignadas nesta materia. Unha porcentaxe inferior suporá un NP na avaliación. De ser posible, se completarán as prácticas no período establecido polo profesorado, antes da data de peche de actas (tanto xuño como xullo) e no servicio que se considere oportuno en función das necesidades, podendo non coincidir co lugar no que se iniciaron. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non existen modificacións na materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes