Guia docenteCurso
Facultad de Enfermería y Podología
  Inicio | galego | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Practicum
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas clínicas A62 B24 B22 B21 B20 B19 B18 B16 B15 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 C13 A súa realización é obrigatoria en tempo, horario e centro establecido dende a Facultade. Como resultado do rotatorio práctico, xeraranse dous informes, un intermedio e outro final, os cales serán elaborados polo profesor, que tutorice ao alumno no centro sanitario. Estes informes serán revisados finalmente e valorados polas docentes da materia e o/a titor/a clínico. Estes dous informes permítennos realizar un seguimento da evolución do alumnado e ser conscientes de aspectos a mellorar.
Na elaboración dos informes, teranse en consideración os coñecementos, as actitudes profesionais, as habilidades e destrezas técnicas e as aptitudes do alumnado.
80
Portafolios do alumno A62 B1 B3 B7 B8 B11 B21 C1 C3 C4 C6 C7 C12 C13 A súa realización é obrigatoria. Será avaliado polo profesorado da materia, non polos/as titores/as clínicos. 20
 
Observacións avaliación

PRÁCTICAS CLÍNICAS:

Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes é necesario estar matriculado oficialmente na materia Practicum e ter superadas as todas as Estancias Clínicas, tal e como consta na memoria do Título de Grao

Existe a obrigatoriedade de asistir ás prácticas clínicas e non existen faltas xustificadas, polo que as ausencias debidamente acreditadas deberán recuperarse, sempre que non excedan do 20% das planificadas. As non xustificadas poden supor, a criterio do profesorado responsable da materia, o suspenso da materia. A recuperación das prácticas realizarase no período establecido polo profesorado, antes da data de peche de actas e no servicio que se considere oportuno en función das necesidades, podendo non coincidir co lugar no que se iniciaron.

Para superar a materia:

- É imprescindible superar cada unha das metodoloxías avaliables de forma independente. As partes considéranse superadas cuando se alcanza unha puntuación de 5 sobre 10. A non superación dunha das partes suporá a cualificación de SUSPENSO en acta.

- É imprescindible ter asistido aos eventos científicos e/o divulgativos programados.

O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.

Sistema de cualificacións: 

0-4.9=Suspenso

5-6.9=Aprobado

7-8.9=Notable

9-10=Sobresaliente

9-10 Matrícula de Honra (Graciable)

O feito de presentarse/realizar as prácticas clínicas e ser avaliado en calquera das probas implica figurar en acta como presentado coa cualificación correspondente.

Convocatoria de segunda oportunidade: o estudantado deberá recuperar toda a materia (no caso de non superar ambas metodoloxías) ou a parte non superada, durante o mes de xullo e antes do peche de actas.

As condicións para a obtención dunha matricula de honra son que o/a alumno/a obteña máis dun 95% da cualificación da materia, sexa a mellor cualificación da clase na oportunidade avaliada e a súa achega na solución de problemas e nas prácticas fose significativa.

A vixencia do aprobado das Estancias Clínicas manterase por un período de dous cursos lectivos consecutivos á realización das estancias aprobadas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes