Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Enfermaría Clínica II
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
- A realizacion desta actividade e obrigatoria e computa un 20%.
- Será necesario acadar unha puntuación de 5 puntos para sumar o resto de actividades.
- Unha parte desta metodoloxía poderase realizar de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre o docente e o alumnado.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do docente por medio da simulación e da práctica deliberada. Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polo estudantado da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo docente-titor.
- O alumnado dividirase en grupos de número reducido.
- A sua realización e obrigatoria e computa 20%
- Será necesario acadar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as calificacions do resto de actividades.
- Unha parte desta metodoloxía poderase realizar de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre o docente e o alumnado.
Proba obxectiva Proba tipo test de resposta única. As respostas incorrectas descontarán aplicando a seguinte fórmula: Puntuación= nº de acertos – (nº erros/4) ou nº de acertos-(nº de errosx0.25).
- A realización desta proba é obrigatoria e computa o 40% da nota.
- Será necesario acadar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as calificacións do resto de actividades.
A proba poderá realizarse de maneira presencial ou virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización de pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
- A sua realización e obrigatoria e computa 20% da nota.
- Será necesario acadar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as calificación do resto de actividades.
Esta metodoloxía realizarase de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre os docentes e o alumnado.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Esta metodoloxía realizarase de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre os docentes e o alumnado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes