Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Fundamentos de Enfermaría
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Fundamentos de Enfermaría Código 750G01107
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Primeiro Obrigatoria 12
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Sobrido Prieto, Natalia
Correo electrónico
natalia.sobrido@udc.es
Profesorado
Garcia Sanchez, Maria Matilde
Sobrido Prieto, Natalia
Correo electrónico
matilde.garcia@udc.es
natalia.sobrido@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Co estudo de Fundamentos de Enfermaría preténdese introducir ao alumno nas ciencias da Enfermaría, coa intención de que sexa capaz de comprender a función principal e diferenciada da profesión enfermeira e, ao continuar os estudos de cursos superiores, integre os conceptos fundamentais e a metodoloxía de traballo das/os enfermeiras/os para o coidado do individuo e dos grupos, e relacione os problemas de saúde coas necesidades básicas do ser humano.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizan cambios nos contidos da materia. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen • Sesión maxistral • Seminario • Estudo de casos (computa na avaliación) • Lecturas (computa na avaliación) • Proba oral (computa na avaliación) • Proba mixta (computa na avaliación) *Metodoloxías docentes que se modifican Non se realizan cambios nas metodoloxías da materia. As metodoloxías programadas previamente de xeito presencial, pasarán a desenvolverse de xeito virtual. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado • Correo electrónico: De uso para facer consultas e resolver dúbidas. • Videoconferencia sesión maxistral (Teams): 1 sesión semanal en gran grupo para a exposición dos contidos teóricos, na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario da facultade. • Videoconferencia seminarios (Teams): 1 sesión semanal en grupo mediano para o avance dos contidos teóricos e para o seguimento e apoio na realización dos exercicos a realizar na unidade temática, na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario da facultade. • Moodle: Empregarase como repositorio do material documental e para a realización de tareas e actividades para o seguimento da materia. 4. Modificacións na avaliación Non se realizan cambios na avaliación da materia *Observacións de avaliación: • As diferentes actividades de avaliación continuada efectuaranse de xeito non presencial, mediante a plataforma Moodle e con soporte en directo mediante Teams. • As probas de avaliación correspondentes ás convocatorias oficiais, realizaranse de xeito presencial e, de non ser posible, faranse na modalidade virtual. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía • Disporán de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle. • Engádense ligazóns web na plataforma Moodle, como bibliografía complementaria a algún contido impartido de xeito non presencial, ao que terá acceso todo o alumnado.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes