Teaching GuideTerm
Faculty of Nursing and Podiatry
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Subjects
  Foundations of Nursing
   Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Exposición oral realizada por parte do profesor e aberta á participación do alumno, que será complementada coa utilización dos medios audiovisuais necesarios.
Seminar Traballo en grupo a través da participación e discusión para o estudo dos diferentes aspectos relacionados coa materia.

O material básico necesario facilitarase durante o desenvolvemento destes.
Workbook Afondamento na materia mediante textos de diferentes fontes documentais escollidos e seleccionados previamente polo profesor.
Resolución de exercicios de autoavaliación, baseados nestes contidos.
Case study Estudo, resolución e posta en común ante determinadas situacións de saúde/enfermidade mediante a utilización da metodoloxía científica enfermeira (proceso de atención de enfermaría).
Como sistema de avaliación levará a cabo unha proba escrita onde o alumno deberá demostrar o coñecemento da aplicación da metodoloxía científica a través da resolución dun caso hipotético.
Mixed objective/subjective test Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Oral presentation Actividade baseada na exposición oral, onde se produce unha interacción ordenada entre docente e estudante, expondo cuestións que o alumno deberá responder, de forma oral, podendo así valorar o seu proceso de aprendizaxe e o coñecemento que posúe da materia, así como a capacidade de razoamento, espírito crítico, capacidade de síntese e de relación sobre os contidos do programa.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes