Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Fundamentos de Enfermaría
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A23 A24 A25 B24 B22 B21 B19 B16 B15 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 Proba escrita onde o alumno deberá resolver un caso onde se lle expoñerá un problema de saúde-enfermidade hipotético.

20
Proba oral A21 A22 B3 B7 B8 B14 C10 Proba na que o alumno deberá responder, de forma oral, a preguntas abertas, de certa amplitude, onde se valorará o coñecemento que posúe da materia, así como a capacidade de razoamento, espírito crítico, capacidade de síntese e de relación sobre os contidos do programa. Implica un estudo amplo e afondo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. 40
Proba mixta A24 A25 B2 B3 B8 B9 B12 B13 C11 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
40
 
Observacións avaliación
PRIMEIRA OPORTUNIDADE:

A avaliación anteriormente descrita é a PROGRAMADA para todos os alumnos con MATRICULA COMÚN que se presenten á primeira oportunidade.

Os estudantes que non superen ou non se presenten á proba oral nas datas establecidas, podrán ser avaliados na data oficial correspondente á primeira oportunidade, mediante un exame escrito.

A aplicación das porcentaxes correspondentes se realizará sempre e cando o alumno teña todas as probas superadas de xeito independente.

Cando o alumno non supere de xeito independente unha ou máis probas supoñerá a cualificación de SUSPENSO en acta. Se a media aritmética supera o 5, ao non ter superado algunha das avaliacións, figurará cun 4,9 en acta.

O feito de non se presentar a algunha das probas implica figurar en acta como NON PRESENTADO.

As probas superadas na primeira oportunidade conservaranse para a segunda oportunidade, coa cualificación obtida.


SEGUNDA OPORTUNIDADE:

Para a Segunda Oportunidade o alumno será avaliado mediante un exame único escrito que incluirá a/s proba/s pendente/s ou non superadas, mantendo a porcentaxe establecida sobre a cualificación final.


MATRÍCULA PARCIAL:

Para os alumnos de MATRICULA PARCIAL poderán optar por examinarse por escrito en primeira e segunda oportunidade nun único exame que se corresponderá coas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade, onde se aplicarán as porcentaxes relativas a cada parte do contido da materia.


DISPENSA ACADÉMICA: 

De acordo á normativa da UDC, admítese a dispensa académica nesta materia.


OPORTUNIDADE ADIANTADA:

Os alumnos que soliciten OPORTUNIDADE ADIANTADA deberán examinarse por escrito a través dun único exame que se corresponderá coas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade.


MATRÍCULA DE HONRA:

Os estudantes que desexen optar a matrícula, deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Obter unha nota media superior a 9,5 na cualificación final da materia.
  • Obter a máxima nota en dúas das tres avaliacións da materia.
  • Presentarse á proba oral.
  • Remitir as actividades de avaliación continua de carácter voluntario, que se expoñan na materia.

Tras a aplicación dos criterios establecidos, a decisión final quedará supeditada á consideración dos profesores da materia.


FRAUDE E RESPONSABILIDADES DISCIPLINARIAS

Segundo o establecido na normativa da UDC:

1.- Se durante a realización dunha proba de avaliación os profesores responsables teñen coñecemento da quebra dos principios de decoro, legalidade ou mérito individual tales como o uso de documentos ou instrumentos non permitidos, a copia ou intento de copia dos resultados obtidos por compañeiros, a comunicación entre estudantes ou un comportamento impropio, procederase á expulsión inmediata do estudante da proba de avaliación e redactarase unha acta cos motivos, que se enviará ao decano ou director xunto coas verificacións documentais que estime oportunas para a súa valoración. Todo, sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese proceder de acordo coa cualificación da falta cometida polo alumno infractor.

2.- Queda prohibido o acceso á realización das probas de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos, non expresamente autorizados polo profesorado responsable, o cal será causa suficiente de expulsión da proba, logo de redactar a acta correspondente que se enviará ao centro.

3.- A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia.

4.- Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes