Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Fisioloxía de sistemas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A3 B1 B2 B3 B4 B5 B7 C1 Exame final tipo proba obxectiva.
Terase en conta a asistencia a clase.
É necesario obter unha nota mínima de 4 puntos sobre dez no exame final para sumar o resto das cualificacións, en caso de non chegar ó catro o alumno estará suspenso automáticamente e a súa nota final será a nota obtida no exame independentemente do resto de cualificacións obtidas na materia.
70
Seminario A1 A3 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C6 C8 Os exercicios entregados ós alumnos sobre os que deberán traballar e posteriormente entregar ó profesor serán avaliados. En total estes exercicios suporán o 20% da nota final


Exposición oral de traballos realizados polos alumnos. Discusión destes. Avaliación da calidade do traballo e da exposición oral. En total este traballo presentado suporá un 10% da nota final.
No exame final entrará o contido dos traballos presentados na aula.
30
 
Observacións avaliación

1. Na segunda oportunidade o sistema de avaliación será o mesmo que na primeira. 2. Na convocatoria adiantada a avaliación consistirá nunha proba mixta que abordará todo o temario da materia. 3. Obterán unha matrícula de honra aquel alumno (ou alumnos, dependendo do número de matrículas que se poidan outorgar) que presente a mellor cualificación sempre e cando sexa superior a un 9.0. En caso de empate obterá a matrícula aquel alumno con mellor cualificación no exame final.  4. Considerarase que unha persoa ten un non presentado cando non asista ó exame final, independentemente de que fixese os traballos da aula, seminarios etc. 5. Os alumnos con matrícula a tempo parcial poderán elixir entre examinarse como o resto de compañeiros ou que o 100% da súa cualificación corresponda ó exame final.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes