Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Bioloxía
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Ao longo do cuatrimestre, impartiranse 14 sesiones teóricas maxistrais de 90 minutos de duración sobre os contenidos da materia. Trátase de sesión expositivas, explicativas e demostrativas de contidos, fundamentalmente a cargo do profesor pero con participación do alumno. Durante as mesmas, o profesor explicará os fundamentos teóricos da materia axudándose de medios audiovisuais e pizarra. O profesor tamén resolverá dudas y cuestions plantexadas polos alumnos.
As explicacións das clases maxistrais deberán ser asimiladas polo alumno mediante la elaboración de apuntes e posterior estudo coa axuda da bibliografía recomendada. Poranse a disposición do alumno cuestionarios de repaso sobre o contido das clases maxistrais, para unha mellor asimilación de conceptos e aprendizaxe mais profundo.
Asi mesmo, para un total aproveitamento destas, recoméndase que o alumno lea previamente os aspectos fundamentais de ditos temas no material que se facilitará a través de Moodle. Coa finalizade de evaluar o aprendizaxe do alumno, unha das clases maxistrais se dedicará á realización dun exame teórico.
Seminario Os seminarios desenvolveranse en grupos reducidos de aproximadamente 20 alumnos. Os alumnos realizarán diversas tarefas na clase relacionadas cos contidos da asignatura e baixo a supervisión do profesor (aprendizaxe colaborativo, resolución de problemas, identificación de estructuras celulares e tisulares en imaxes, etc.)
Proba mixta Por un lado, o aproveitamento e rendemento dos alumnos serán evaluados de forma continua a través de preguntas cortas e/ou tipo test sobre los contidos da asignatura. Así poderase coñecer de que modo o alumno vai asimilando os contidos, mellorar os procesos en curso e o rendemento alcanzado. Realizarase un examen teórico escrito durante o periodo lectivo que cubre a materia, así como un examen final do primeiro cuatrimestre.
Presentación oral Os alumnos deberán presentar oralmente na clase un traballo (traballo tutelado) que farán en grupos reducidos (2/3 alumnos) a partir de bibliografía específica relacionada cos contidos da materia. A presentación valorarase xunto coa memoria escrita do traballo.
Traballos tutelados Os alumnos deberán elaborar un traballo en grupos reducidos (2/3 alumnos) a partir de bibliografía específica relacionada cos contidos da asignatura.
No traballo presentarán as bases celulares e/ou xenéticas dunha patoloxía non infecciosa.
Para realizar o traballo, recoméndase consultar ao profesor se existen dudas sobre a adecuación do tema elexido ás exigencias do traballo. O seguimiento do traballo realizarase preferentemente utilizando os espacios de comunicación da plataforma Moodle y o correo electrónico.
Lecturas Ó longo do desenvolvemento da materia, facilitaranse textos que complementan as clases maxistrais e/ou seminarios e que se relacionan cos contidos da materia (fragmentos de artigos científicos e noticias).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes