Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Farmacoloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A7 A26 B3 B19 C6 C8 O alumno deberá realizar unha proba de 50 preguntas (45 dos temas vistos nas clases maxistrais e 5 do traballo realizado nos obradoiros) tipo test con resposta múltiple, unha correcta de entre 5 posibles. Non puntúa negativo. O aprobado (5) estará no 70% das respostas correctas, é dicir, o número de respostas correctas para aprobar é de 35. É necesario obter un aprobado no exame para poder aprobar a materia. As respostas serán evaluadas únicamente na plantilla de respostas do examen. 75
Obradoiro A7 A26 B1 B3 B19 C1 C3 C4 C6 C8 Avaliarase en función da asistencia e a participación do alumno nas actividades a realizar nos seminarios. Na proba de opción múltiple, incluirase 5 preguntas da materia que se vexan nos obradoiros. 25
 
Observacións avaliación

O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional

Sistema de cualificacións:

0-4.9=Suspenso

5-6.9=Aprobado

7-8.9=Notable

9-10=Sobresaliente

9-10 Matrícula de Honra (Graciable)

Outorgarase Matrícula de Honra Graciable, ao alumno coa maior puntuación global sempre que sexa maior de 9. No caso de que o número de matrículas que se poidan outorgar sexa menor que o número de alumnos coa maior puntuación global, outorgarase matricula de honra a aqueles alumnos coa maior nota no exame. Se continua sendo menor o número de matriculas de honra que se poden outorgar terase en conta a nota dos talleres nos que se realizaban presentacións orais.

Alumnos con matrícula a tempo parcial (deben mandar e-mail ao profesor indicando a súa situación ao principio do curso): poden presentar dispensa académica e a avaliación dos talleres realizarase pola entrega dos exercicios expostos en cada taller na plataforma moodle. A avaliación da proba de resposta múltiple realizarase seguindo as indicacións desta guía.

Alumnos con segunda matrícula e posteriores (deben mandar e-mail ao profesor indicando a súa situación ao principio do curso): a avaliación dos talleres manterase da matrícula anterior. Poderase subir a nota volvendo realizar os exercicios expostos nos talleres nesa matrícula. A avaliación da proba de resposta múltiple realizarase seguindo as indicacións desta guía.

Considerarase non presentado: aquel alumno que entregue menos do 50% dos exercicios expostos no taller e non asista ao exame final.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes