Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Método científico e Saude Pública
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A8 A10 A57 A58 A59 B1 B3 B12 B19 C1 C3 C6 C8 Ó finalizar o curso realizarase unha proba escrita que combinará preguntas de resposta múltiple, resposta breve e a resolución de exercicios de analise estatística de datos e interpretación de resultados, sobre os contidos desenvolvidos na materia. 80
Solución de problemas A8 A10 A57 A58 A59 B1 B3 B12 B19 C1 C3 C6 C8 Durante todo o curso plantearase ós alumnos diferentes problemas prácticos que deben resolver de xeito individual mediante a aplicación dos coñecementos traballados no resto da materia. Estos problemas deberán entregarse resoltos ó profesor da asignatura, valorándose:
- A entrega da totalidade dos traballos propostos
- A adecuación das respostas proporcionadas
- A presentación e a claridade na descripción dos resultados
- A utilización das ferramentas informáticas e os recursos web axeitados para a resolución do problema
20
 
Observacións avaliación

A avaliación final da asignatura realizarase segundo as seguintes porcentaxes:

- PROBA MIXTA ..................... 80%

- SOLUCIÓN DE PROBLEMAS ... 20%

Para poder superar a asignatura é imprescindible obter unha nota superior ó 50% da puntuación máxima que se pode acadar tras sumar as puntuacións de cada un dos dous aspectos anteriores.

Os alumnos de segunda convocatoria (Xullo), os alumnos con matrícula a tempo parcial ou aqueles en convocatoria adiantada serán sometidos ó mesmo sistema de avaliación. Se así o indican, poderán optar porque a nota final da asignatura corresponda no 100% á nota obtida na proba mixta. Esta decisión deberán comunicarlla ó profesor responsable da asignatura no momento de realización do exame.

Non presentado. Considerarase "non presentado" a calquer alumno que non se presente á proba mixta.

Matrícula de honra: outorgarase ós alumnos que, obtendo calificación de 9,5 puntos ou superior, teñan as puntuacións máis elevadas e, en caso de empate, outorgaraselle ó que obteña unha maior  puntuación na proba mixta.

Para axudar a conseguir un entorno inmediato sostible e cumprir o
obxectivo estratéxico 9 do "I Plan de Sostenibilidad Medio-Ambiental
Green Campus FCS", os traballos documentais que se realicen nesta
materia maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte
informático. De realizarse en papel:  

a.- Non se empregarán plásticos.

b.- Realizaranse impresións a dobre cara.

c.- Empregarase papel reciclado.

d.- Evitarase a impresión de borradores, moi especialmente en cor.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes