Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Método científico e Saude Pública
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A8 A10 A57 A58 A59 B1 B3 B12 B19 C1 C3 C6 C8 Ó finalizar o curso realizarase unha proba escrita que combinará preguntas de resposta múltiple, resposta breve e a resolución de exercicios de analise estatística de datos e interpretación de resultados, sobre os contidos desenvolvidos na materia. 80
Solución de problemas A8 A10 A57 A58 A59 B1 B3 B12 B19 C1 C3 C6 C8 Durante todo o curso plantearase ós alumnos diferentes problemas prácticos que deben resolver de xeito individual mediante a aplicación dos coñecementos traballados no resto da materia. Estos problemas deberán entregarse resoltos ó profesor da asignatura, valorándose:
- A entrega da totalidade dos traballos propostos
- A adecuación das respostas proporcionadas
- A presentación e a claridade na descripción dos resultados
- A utilización das ferramentas informáticas e os recursos web axeitados para a resolución do problema
20
 
Observacións avaliación

Garantiranse os
dereitos académicos dos/as alumnos/as matriculados/as no Grao de Podoloxía na
UDC ata o curso académico 2018/2019, de acordo co establecido na instrución
1/2012-2013, da Vicerrectoría de títulos, Calidade e novas tecnoloxías,
mediante a cal se establecen as garantías dos dereitos académicos dos/as
alumnos/as de títulos oficiais de grao e master, que estean inmersos en
procesos de modificación, supresión ou extinción dos seus títulos ou dos seus
plans de estudos.

Seguindo a
instrución cuarta, unha vez extinguido o 1º curso, os/ as alumnos/ as
matriculados/ as disporán dunha convocatoria con dúas oportunidades de exame en
cada un dos dous cursos académicos seguintes, incluído o curso 2019-2020, para
superar esta materia.

Seguindo a
instrución quinta, devanditos/ as alumnos/ as non terán dereito a recibir docencia,
nin teórica nin práctica, das materias correspondentes aos cursos en extinción.

No caso de que
un/a alumno/a esgote as convocatorias, ou que por vontade propia solicite o
cambio ao novo plan de estudos, poderán continuar os seus estudos polos novos plans
de estudos aprobados, mediante o recoñecemento de créditos proposto.

A avaliación final da asignatura realizarase segundo as seguintes
porcentaxes:

- PROBA MIXTA ..................... 80%

- SOLUCIÓN DE PROBLEMAS ... 20%

Para poder superar a asignatura é imprescindible obter unha nota
superior ó 50% da puntuación máxima que se pode acadar tras sumar as
puntuacións de cada un dos dous aspectos anteriores.

Non presentado. Considerarase "non presentado" a calquer
alumno que non se presente á proba mixta.

Matrícula de honra: outorgarase ós alumnos que, obtendo
calificación de 9,5 puntos ou superior, teñan as puntuacións máis elevadas e,
en caso de empate, outorgaraselle ó que obteña unha maior  puntuación na
proba mixta.

Para axudar a conseguir un entorno inmediato sostible e cumprir o
obxectivo estratéxico 9 do "I Plan de Sostenibilidad Medio-Ambiental Green
Campus FCS", os traballos documentais que se realicen nesta materia
maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte
informático. De realizarse en papel:  

a.- Non se empregarán plásticos.

b.- Realizaranse impresións a dobre cara.

c.- Empregarase papel reciclado.

d.- Evitarase a impresión de borradores, moi
especialmente en cor.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes