Teaching GuideTerm
Faculty of Nursing and Podiatry
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Subjects
  Scientific Method and Public Health
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Mixed objective/subjective test A8 A10 A57 A58 A59 B1 B3 B12 B19 C1 C3 C6 C8 Ó finalizar o curso realizarase unha proba escrita con preguntas tipo test sobre os contidos da materia 100
 
Assessment comments

Garantiranse os
dereitos académicos dos/as alumnos/as matriculados/as no Grao de Podoloxía na
UDC ata o curso académico 2018/2019, de acordo co establecido na instrución
1/2012-2013, da Vicerrectoría de títulos, Calidade e novas tecnoloxías,
mediante a cal se establecen as garantías dos dereitos académicos dos/as
alumnos/as de títulos oficiais de grao e master, que estean inmersos en
procesos de modificación, supresión ou extinción dos seus títulos ou dos seus
plans de estudos.

Seguindo a
instrución cuarta, unha vez extinguido o 1º curso, os/ as alumnos/ as
matriculados/ as disporán dunha convocatoria con dúas oportunidades de exame en
cada un dos dous cursos académicos seguintes, incluído o curso 2019-2020, para
superar esta materia.

Seguindo a
instrución quinta, devanditos/ as alumnos/ as non terán dereito a recibir docencia,
nin teórica nin práctica, das materias correspondentes aos cursos en extinción.

No caso de que
un/a alumno/a esgote as convocatorias, ou que por vontade propia solicite o
cambio ao novo plan de estudos, poderán continuar os seus estudos polos novos plans
de estudos aprobados, mediante o recoñecemento de créditos proposto.

O 100% da avaliación final da asignatura corresponderase coa calificación obtida nunha proba obxectiva que consistirá en preguntas tipo test sobre os contidos da materia.

Non presentado. Considerarase "non presentado" a calquer
alumno que non se presente á proba mixta.

Matrícula de honra: outorgarase ós alumnos que, obtendo
calificación de 9,5 puntos ou superior, teñan as puntuacións máis elevadas e,
en caso de empate, outorgaraselle ó que obteña unha maior  puntuación na
proba mixta.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes