Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Podología xeral
   Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer o desenvolvemento embriolóxico nas distintas etapas de formación. A anatomía e fisioloxía humana. Estudo dos diferentes órganos, aparatos e sistemas. Esplacnoloxía vascular e nerviosa. Eixes e planos corporais. Anatomía específica do membro inferior.
A12 Realizar a historia clínica podolóxica e rexistrar a información obtida. Filoxenia do aparato locomotor. O pé a través da historia. Desenvolver as técnicas de exploración física. Parámetros clínicos normais en decúbito, bipedestación estática e dinámica. Técnicas de exploración clínica. Estudo das técnicas e forma de actuación podolóxica no ámbito sanitario.
A13 Coñecer os Fundamentos da Podoloxía. Ergonomía. Historia da profesión e marco conceptual. Concepto de profesión. Nomenclatura técnica empregada en ciencias da saúde. Adquirir capacidade na xestión clínica dos servizos de podoloxía.
A54 Manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes.
A55 Garantir a calidade asistencial na práctica da podoloxía.
A58 Adquirir a capacidade crítica sobre publicacións científicas.
A59 Adquirir a capacidade de comunicar nos foros científicos os avances profesionais.
A60 Integrar os coñecementos, habilidades, destrezas, valores e actitudes adquiridos durante o itinerario curricular do alumno.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B11 Coñecementos de informática relativos ó seu ámbito de estudo.
B12 Capacidade de xestión da información.
B13 Traballo en equipo de carácter interdisciplinar.
B15 Sensibilidade cara temas medioambientais.
B18 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
B21 Habilidades interpersonais.
B22 Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes