Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Biomecánica do membro inferior
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Biomecánica do membro inferior Código 750G02013
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Raposo Vidal, Isabel
Correo electrónico
isabel.raposo.vidal@udc.es
Profesorado
Raposo Vidal, Isabel
Correo electrónico
isabel.raposo.vidal@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral A materia de Biomecanica do Membro Inferior supón o coñecemento dos fundamentos da cinemática e cinética do membro inferior tanto analíticamente como na sua globalidade funcional. A través da biomecánica descriptiva e aplicada a sistemas de rexistro, o alumno desarrollará por un lado a descripción do movemento en términos de desplazamento, recorridos angulares e factores estabilizadores do mesmo; así como as forzas responsables dos devanditos sistemas estáticos e/ou dinámicos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se contemplan cambios nos contidos 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Metodoloxías relativas á avaliación *Metodoloxías docentes que se modifican -Proba mixta: é substituída por unha proba escrita vía Moodle con preguntas abertas de desenvolvemento e/ou preguntas obxectivas tal e como se especificaba na guía inicial da materia. -Proba práctica: substitúese por unha proba oral en tempo real, que incorpora contidos prácticos, a través da ferramenta Microsoft Teams. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado A atención personalizada ao alumnado realizarase a través das seguintes ferramentas: -Microsoft Teams: titorías a demanda do estudantado. -Moodle: para propocionar todo o material necesario para o desenvolvemento da docencia. Realización de probas e resolución de dúbidas a través dos foros. -Correo electrónico: para envío de convocatorias, avisos ou resolución de dúbidas a demanda do/da estudante. 4. Modificacións na avaliación -Proba escrita 70% Exame vía Moodle con preguntas abertas de desenvolvemento e/ou preguntas obxectivas tal e como se especificaba na guía inicial da materia. -Proba oral 30%. Exame oral en tempo real, que incorpora contidos prácticos a través da ferramenta Microsoft Teams. *Observacións de avaliación: Programarase en data e hora a proba escrita e a proba oral. Para a proba escrita farase a conexión vía Teams 15 ou 30 minutos antes do comezo do exame. Comprobaremos a asistencia do alumnado, a posibilidade de conexión, posibles incidentes e dúbidas. Garantizareos que todos poidan realizar a proba. Si o/a estudante experimentase algunha dificultade técnica para conectarse ao comezo ou durante a proba, terá que comunicalo de forma inmediata ao profesor a través de chamada telefónica únaa extensión habilitada ao efecto. De non facelo a sú cualificación será de non presentado ou suspenso segundo o caso. A continuación activarase o exame en Moolde cun tempo programado no que o estudantado subirá as respostas. O exame oral levará a cabo a través da plataforma Teams ou na súa falta, a través da ferramenta que faga viable esta avaliación. Para superar a materia requírese ter aprobada a proba escrita e a proba oral (puntuación igual ou superior a 5/10 puntos en cada proba). Se a cualificación obtida da ponderación da proba escrita e da proba oral resulta igual ou superior a 5/10 puntos, pero una das partes non alcanza o mínimo esixido (5/10 puntos), a cualificación final será de suspenso (cunha puntuación de 4,9/10 puntos). Se o/a estudante consegue superar unha das partes (proba escritura ou proba oral) no exame de 1ª oportunidade (xaneiro), gardarase a cualificación obtida na mesma así como a avaliación continuada só ata a convocatoria de 2ª oportunidade (xuño/xullo). A avaliación de segunda oportunidade realizarase seguindo os mesmos criterios. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizan modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes