Guia docenteCurso
Facultad de Enfermería y Podología
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Biomecánica do membro inferior
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral B2 B3 B6 B7 B8 B10 B11 B12 B13 B14 B16 C1 C8 Realízanse presentacións orais na aula despóis das lecturas pertinentes e os resumes elaborados. 10
Prácticas de laboratorio A11 B6 B7 B8 B10 B12 B13 B16 B18 B19 B22 C1 C4 C5 C7 Realización de prácticas por parellas no laboratorio. 5
Portafolios do alumno A11 B3 B19 Presentación escrita dunha exploración biomecánica ó final das prácticas de laboratorio. 5
Sesión maxistral A11 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B11 B12 B14 B15 B18 B19 C1 C3 C4 C5 C6 C7 Na aula o profesor expón os contidos teóricos que se evaluarán a través dunha proba mixta. 5
Proba práctica A11 B1 B2 B7 B19 Realizarase o exame por parellas. Faranse duas preguntas relativas as probas realizadas durante as clases prácticas de laboratorio. 10
Análise de fontes documentais A11 B1 B3 Exposición oral dun traballo en grupo sobre unha exploración biomecánica do membro inferior. 5
Proba mixta A11 B3 Examen final con duas partes. 40 preguntas de completar e 2 de desenvolvemento 60
 
Observacións avaliación

As porcentaxes asignadas a cada proba poden sufrir pequenas modificacións dun curso a outro en función das necesidades da materia, non obstante o valor do exame (teórico e práctico) non será inferior ó 70% da nota final.

  • SUPERACIÓN DA MATERIA
    • Para superar a materia e poder aplicar o cálculo porcentual a cada unha das metodoloxías, é necesario que o alumno obtivese a cualificación de 5 ou superior en:
      • 1- A sesión maxistral ou proba escrita (mixta). É o exame teórico que se efectuará ao finalizar o cuadrimestre na data aprobada por Xunta de Facultade.  Como mínimo se deberá alcanzar en cada parte un 50% da calificación asignada (2,5 na primeira parte e 7,5 na segunda)
      • 2- As prácticas de laboratorio. O mesmo día do exámen teórico e a continuación realizarase o exame práctico por parellas. 
  • CONDICIÓN DE ALUMNO/A NON PRESENTADO/A 
    • Considérase condición de alumno/a non presentado/a aquel/lla que non se presente ao exame teórico nin práctico. Se o alumno se presenta sólo a unha das partes, aparecerá na acta como suspenso. De aprobar unha das partes y suspender a outra, gárdase a parte aprobada ata a convocatoria de xullo.
    • Consérvase o resto das cualificacións relativas ás metodoloxías da avaliación contínua, durante as convocatorias comprendidas no curso 2019-2020.
  • CÓMPUTO DA PRESENCIALIDADE
    • Compútase a presencialidad a través da asistencia a:
      • As clases interactivas programadas por grupos. Aquilo/as alumno/as que teñan máis de dúas faltas xustificadas, restarán a súa cualificación nun 50% nas metodoloxías da avaliación contínua. Co fin de facilitar a asistencia a todas as clases, é posible cambiar de grupo e por tanto de día de clase interactiva.
      • As clases prácticas de laboratorio. Aquilo/as alumno/as que teñan máis dunha falta xustificada non serán cualificados na metodoloxía portafolio do alumno e reducirase ao 50% a cualificación da avaliación continua. Co fin de facilitar a asistencia a todas as clases, é posible cambiar de grupo e por tanto de día de prácticas, previo aviso ao profesor.
  • MATRICULAS DE HONRA
Poderán obter matrícula de honra (MH) aqueles alumnos que obtivesen un 9 ou cualificación superior. Concederase esta cualificación ás mellores notas, tendo en conta a posibilidade de outorgar unha matrícula de honra cada 20 alumnos.
  • ALUMNO/AS CON MATRÍCULA PARCIAL
Aqueles alumnos/as con matrícula parcial están exentos das condicións expostas no apartado: COMPUTO DA PRESENCIALIDAD e veranse sometidos aos seguintes criterios:
  1. A asistencia a clases interactivas non son obrigatorias. Só é obrigatoria a asistencia a clase o día da presentación oral. 
  2. É obrigatoria a asistencia a un 50% das clases prácticas de laboratorio.
  • PARA Os RESTANTES CRITERIOS NON EXPOSTOS RELATIVOS Á AVALIACIÓN, SEGUIRANSE As NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓNS DAS CUALIFICACIÓNS DOS ESTUDOS DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO (aprobado polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013, modificadas polo Consello de Goberno do 30 de abril de 2014, modificadas polo Consello de Goberno do 24 de xullo de 2014).
  • ACLARACIONS PARA A AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS DO TÍTULO XERAIS E TRANSVERSAIS
    • As competencias B1,B2, B3, B7, B10, B12, B13, B14, B16, B18, B19 e B22 asócianse a todas as metodoloxías que se desenvolverán na aula, con especial atención ao traballo na aula, individual e/ou en equipo. Valórase a xestión de tempo e recursos (capacidades procedimentales) co fin de construír estruturas conceptuais (capacidades cognitivas)que poidan ser defendidas polo grupo e transmitidas aos restantes compañeiros.  
    • As competencias B6, B8, C4, C5, C6, C7 e C8  vincúlanse á interacción co restantes compañeiro/as na importancia na adquisición do coñecemento e na resolución de problemas.
    • As competencias B11, B15 e C3 relaciónanse co uso dos Tics, as ferramentas e recursos formato dixital sen emprego de papel.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes