Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Podoloxía Preventiva
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Podoloxía Preventiva Código 750G02015
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
López López, Daniel
Correo electrónico
daniel.lopez.lopez@udc.es
Profesorado
Bouza Prego, Maria angeles
López López, Daniel
Correo electrónico
maria.prego@udc.es
daniel.lopez.lopez@udc.es
Web http://moodle.udc.es/
Descrición xeral A materia de Podoloxía Preventiva ten unha clara importancia de cara a que o alumnado, no marco do proceso de ensino-aprendizaxe da súa formación, desenvolva algunhas das habilidades e destrezas necesarias para mellorar a saúde das persoas en xeral e no tocante ao pé en particular. Xa que logo, o seu valor é moi significativo para os futuros podólogos, ao posibilitarlles comprender e actuar sobre o proceso de saúde-enfermidade en xeral e no ámbito particular do pé. Está enfocada á adopción das medidas preventivas axeitadas en cada situación, así como a realizar unha educación sanitaria preventiva nos pacientes, os sanitarios e as persoas. Por iso, dentro dos denominados procesos de promoción e prevención da saúde, faise fincapé na visión holística da saúde do pé, habida conta do seu interese e importancia dentro da tendencia actual da disciplina no mantemento e mellora da calidade de vida.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos. – Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías. *Metodoloxías docentes que se manteñen: - Sesión maxistral. - Foro Virtual. – Atención personalizada. *Metodoloxías docentes que se modifican: – Seminarios a través do Moodle (computa na avaliación). As actividades relacionadas cos seminarios consistirán en traballos tutelados a entregar a través da plataforma de teleensinanza moodle. – Prácticas de Laboratorio a través do Moodle (computa na avaliación). As actividades relacionadas cas prácticas de laboratorio consistirán en traballos tutelados a entregar a través da plataforma de teleensinanza moodle. – Proba Obxectiva a través do Moodle (computa na avaliación). 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado. – Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento das metodoloxías de aprendizaxe previstas na materia. – Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado a tráves do Foro Virtual. – Teams: sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e prácticos. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación. – Non se realizarán cambios. *Observacións de avaliación. Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: - As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesións que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial. - A segunda oportunidade estará sometida aos mesmos criterios que a primeira oportunidade. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía. – Non se realizarán cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes