Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Podoloxía Preventiva
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B2 O día do exame escrito facilitarase información sobre a puntuación das preguntas. 60
Sesión maxistral A17 A18 B3 A asistencia as aulas de sesión maxistral é obrigatoria na súa totalidade para superar a materia e non se poden recuperar ou sustituir por outras tarefas. 7.5
Seminario A17 A18 C1 C3 C5 As actividades relacionadas cos seminarios son obrigatorias e non poden recuperarse ou ser substituídas por outras actividades da materia. A súa cualificación especificarase con cada actividade.
25
Foro virtual B3 C4 C6 C7 C8 As actividades relacionadas co foro virtual (FV) son optativas e non poden recuperarse ou ser substituídas por outras actividades da materia.
A puntuación no FV especificarase o día da presentación da asignatura e estará a disposición do alumnado na plataforma de teleensinanza moodle.
7.5
 
Observacións avaliación

Na presentación da materia Podoloxía Preventiva explicarase sucintamente o programa e as normas para a súa avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario que establece a Universidade da Coruña, modificada polo Consello de Goberno de 29 de xuño de 2017 e que no seu artigo 14 indica o seguinte:

1) COMISIÓN DE FRAUDE E RESPONSABILIDADES DISCIPLINARIAS:

1. 1. Se durante a realización dunha proba de avaliación o profesorado responsable teñen coñecemento da quebra dos principios de decoro, legalidade ou mérito individual tales como o uso de documentos ou instrumentos non permitidos, acopia ou intento de copia dos resultados obtidos por compañeiros, a comunicación entre estudantado ou un comportamento impropio, procederase á expulsión inmediata do estudante da proba de avaliación e redactarase unha acta cos motivos, que se enviará ao decano ou director xunto coas verificacións documentais que estime oportunas para a súa valoración. Todo, sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese proceder de acordo coa cualificación da falta cometida polo alumno infractor.

1.2 Queda prohibido o acceso á realización das probas de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos, non expresamente autorizados polo profesorado responsable, o cal será causa suficiente de expulsión da proba, logo de redactar a acta correspondente que se enviará ao centro.

1.3 A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia.

1.4. Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.

2. PRIMEIRA OPORTUNIDADE CONVOCATORIA ORDINARIA

2.1. Cómpre asistir ao 80% das sesións maxistrais, dos seminarios, así como realizar as actividades propostas e obter unha puntuación total, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a). A devandita puntuación só computará no caso de superar a proba obxetiva (PO) da materia.

2.2. Debe obterse na PO da materia unha puntuación, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a).

2.3 O alumnado que obteña a máxima nota final da materia na primeira convocatoria, por encima do 9 e previa solicitude ao profesorado de petición razoada e por escrito de calificación graciable terá a posibilidade de obter a calificación de matrícula de honra.

No caso, de que existan varias solicitudes previas á revisión dos exámenes da convocatoria de xuño realizarase un novo examen sendo a nota máis alta acadada a que otorgará automáticamente a matricula de honra.

3. SEGUNDA CONVOCATORIA ORDINARIA, OPORTUNIDADE ADIANTADA E SUCESIVAS CONVOCATORIAS:

3.1 Cómpre obter na PO da materia unha puntuación,nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a).

3.2 As calificacións dos seminarios non computarán aínda que será necesario tersuperadas as actividades para aprobar a materia en sucesivas convocatorias.

4. ALUMNADO DE MATRÍCULA PARCIAL:

4.1 Cómpre obter na PO da materia unha puntuación, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a).

5. CALIFICACIÓN NON PRESENTADO

5.1 O alumnado que non asista aos seminarios ou a PO na convocatoria establecida para avaliación outorgarase automáticamente a calificación de non presentado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes