Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Podoloxía Preventiva
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A17 A18 B3 A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria na súa totalidade para superar a materia. Ademáis, contará cun examen oral na última práctica de laboratorio, onde o alumnado respostará a catro preguntas relacionadas cos instrumentos de cribado, acompañado ca realización práctica da técnica de cribado e a presentación dun informe razoado vencellado ao cribado correspondente (máximo unha carilla). A puntuación se cuantificará nun rango de entre 0 e 2 puntos. Cada pregunta ten un valor de 0 - 0.25 puntos, a técnica de cribado de 0 - 0.5 puntos e o informe de 0 - 0.5 puntos.
Para obter o apto/a nas prácticas de laboratorio debe contestarse ou realizarse correctamente o 50% das actividades e/ou preguntas do exame, alén de ter asistido á totalidade das prácticas.
20
Seminario A17 A18 C1 C4 C5 C6 C8 A calificación de cada actividade de seminario se cuantificará nun rango de entre 0 e 1 punto. Cada ítem incorrecto ou que non se inclúa dos que aparecen nos aspectos formais de cada seminario (título da actividade, datos do autor, elaborar tódolos apartados da actividade, evitar faltas de ortografía, texto escrito en letra arial de tamaño 12, ás marxes de 2,5 cm, párrafos xustificados, sen sangría inicial, con espaciado cero, interliñado a dobre espazo, número total de palabras do documento, tempo utilizado para realizar a actividade, texto paxinado e con números centrados no encabezado, o pé de páxina debe incluir o título do traballo centrado, que non ocupará máis dunha liña, as referencias bibliográficas utilizarán a normativa Vancouver, documento presentará un número de entre 1.500 a 2.500 palabras, cada ítem incorrecto da actividade descontará un 0.1 da calificación a obter na actividade.
Ademáis, o formato de entrega do documento será en .doc tendo un factor reductor na nota do 50% a presentación en outros formatos (Ex. .pdf, .jpg).
20
Proba obxectiva A17 A18 B2 Exame de 50 preguntas test. Cada pregunta test, só contén unha única resposta correcta. En caso de existir dúas ou máis respostas que poidesen considerarse correctas, a resposta correcta única será aquela que sexa máis completa ou elimine aspectos contradictorios. Cada 2 preguntas non acertadas eliminan 1 resposta acertada. As preguntas en branco non restan. Tódalas respostas deben respostarse na plantilla. Non se terán en conta aquelas respostas que non figuren na plantilla. As respuestas deben marcarse na plantilla cun X, abarcando todo o cadro da resposta seleccionada. Eliminaránse tódalas respostas da plantilla que conteñan máis dunha resposta ou conteñan borróns ou tachaduras que xeren incerteza sobre cal foi a resposta marcada. Cada pregunta ten un valor de 0.2 puntos. 60
 
Observacións avaliación

Na presentación da materia Podoloxía Preventiva explicarase o programa e as normas para a súa avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario que establece a Universidade da Coruña, modificada polo Consello de Goberno de 29 de xuño de 2017 e que no seu artigo 14 indica o seguinte:

1) COMISIÓN DE FRAUDE E RESPONSABILIDADES DISCIPLINARIAS:

1. 1. Se durante a realización dunha proba de avaliación o profesorado responsable teñen coñecemento da quebra dos principios de decoro, legalidade ou mérito individual tales como o uso de documentos ou instrumentos non permitidos, acopia ou intento de copia dos resultados obtidos por compañeiros, a comunicación entre estudantado ou un comportamento impropio, procederase á expulsión inmediata do estudante da proba de avaliación e redactarase unha acta cos motivos, que se enviará ao decano ou director xunto coas verificacións documentais que estime oportunas para a súa valoración. Todo, sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese proceder de acordo coa cualificación da falta cometida polo alumno infractor. 1.2 Queda prohibido o acceso á realización das probas de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos, non expresamente autorizados polo profesorado responsable, o cal será causa suficiente de expulsión da proba, logo de redactar a acta correspondente que se enviará ao centro. 1.3 A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia. 1.4. Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.

2.PRIMEIRA OPORTUNIDADE CONVOCATORIA ORDINARIA

2.1. Cómpre asistir ao 80% das clases de leccións maxistrais e dos seminarios, así como realizar as actividades propostas e obter unha puntuación total, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a). A devandita puntuación só computará no caso de superar na súa totalidade a proba obxectiva(PO).

2.2. Cómpre asistir ao 80% das prácticas de laboratorio, así como realizar as actividades propostas e obter unha puntuación total, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a). A devandita puntuación só computará no caso de superar na súa totalidade a PO.

2.3 Obter na PO unha puntuación nunha escala numérica de 1 –10, de un 5 (Apto).

2.4 O alumnado que obteña a máxima nota final da materia na primeira
convocatoria, por enriba do 9.5 puntos acadará a calificación de matrícula de
honra.

No caso, de que exista empate entre o alumnado na
calificación por enriba de 9.5 puntos, acadará a calificación de matrícula de
honra o que entregará o exame da PO no menor tempo posible.

3.SEGUNDA CONVOCATORIA ORDINARIA, OPORTUNIDADE ADIANTADA E SUCESIVAS CONVOCATORIAS:

3.1 Compre obter na PO unha puntuación nunha escala numérica de 1 – 10, dun 5 (Apto).

3.2 As calificacións dos seminarios e dos laboratorios non computarán aínda que será necesario ter superadas as actividades para aprobar a materia en sucesivas convocatorias.

4. ALUMNADO DE MATRÍCULA PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA:

4.1 (OPCIÓN A) Os estudantes a tempo parcial poderán solicitar aos Decanos e Directores dos centros responsables da súa titulación, a dispensa académica que lles exima da asistencia a clase daquelas materias, ou partes de materias, nas que se admita a citada dispensa na súa guía docente; porén en todo caso serán avaliados polo sistema de avaliación continua. A solicitude de dispensa poderá realizarse no momento de remitir a documentación xustificativa mencionada no apartado 1 deste artigo. Aprobada polo Consello Social do 04/05/2017.

4.2 (OPCIÓN B) Cómpre obter na PO unha puntuación total, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a), sendo a porcentaxe da cualificación un 60% da nota final. Asemade, compre realizar unha proba práctica de laboratorio e obter unha puntuación total, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a), sendo a porcentaxe da cualificación un 40% da nota final. A devandita puntuación só computará no caso de superar na súa totalidade a proba mixta.

5. CALIFICACIÓN NON PRESENTADO

5.1 O alumnado que non asista as prácticas de laboratorio, seminarios ou a PO na convocatoria establecida para avaliación outorgarase automáticamente a calificación de non presentado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes