Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Bioética. lexislación e gestión en podología
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Bioética. lexislación e gestión en podología Código 750G02016
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Gil Manso, Pedro
Correo electrónico
pedro.gil.manso@udc.es
Profesorado
Gil Manso, Pedro
Correo electrónico
pedro.gil.manso@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Esta materia proporciona coñecementos sobre os fundamentos da profesión podolóxica e as súas obrigacións deontolóxicas, así como a xestión clínica dos servizos de podoloxía. A materia versará sobre: as obrigacións deontolóxicas da profesión, a lexislación vixente e os criterios de normopraxis. Dereitos do paciente. Responsabilidade civil e sanitaria. Problemas éticos no exercicio da profesión. Instrumentos que axuden ao profesional en caso de problemas éticos. Marco profesional. Dereitos e obrigacións do profesional. Xestión clínica dos servizos de podoloxía. Economía da saúde e uso eficiente dos recursos. Xestión dos servizos de saúde na atención e rehabilitación podolóxica no Sistema Sanitario Español. Autonomía do paciente. Manexo da documentación clínica: confidencialidade.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se mudan os contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Sesión maxistral, Eventos, Traballo tutelado, Seminario, Estudo de Casos, Proba de resposta múltiple. *Metodoloxías docentes que se modifican A proba de resposta múltiple no caso de non poder facerse de forma presencial, farase de forma telematica pero elimínase o factor de corrección do exame de resposta múltiple. Por estimar que ao respostar telemáticamente pregunta por pregunta, e difícil facer una valorización global por parte do alumno, de se unha pregunta da que non está seguro da resposta, vaga a pena o risco do desconto. O exame (proba de resposta múltiple) farase a través do propio Moodle da materia, na que cada alumno estará conectado simultaneamente a través de TEAMS mediante a pantalla e a cámara do seu propio teléfono móvil, que deberá de estar activa durante todo proceso e mostrando todo o espazo de traballo. A través do TEAMS, comunicarase a clave de inicio do test e cada alumno poderá plantexar as dúbidas que teña (previa chamada de atención) de forma xenérica (que non identifique a resposta correcta), xa que será escoitada polo resto de estudantes. O test desenvolverase en dous grupos un a primeira hora (Grupos C e D) e outro a segunda (Grupos A e B). No caso de que un alumno de primeira hora tivera problema coa conexión unirase a segunda. Se o problema de conexión prodúcese nun alumno da segunda hora, habilitarase un terceiro grupo de exame. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Non mudan, faranse vía TEAMs. 4. Modificacións na avaliación - No caso de que a realización do exame (proba de resposta múltiple) non sexa posible vía telemática, a súa porcentaxe levarase o traballo tutelado (25%), seminario (15%), estudos de casos (20%), sesión maxistral (10%) e a elaboración dun esquema-resumo de cada unha das sesións maxistrais (20%). *Observacións de avaliación: o cambios produciranse se as condicions sanitarias así o obrigan. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non mudaría ningunha referencia pois todas ou xa estan accesibles telemáticamante ou a información precisa suministrase coas presentacións das clases.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes