Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Bioética. lexislación e gestión en podología
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Os contidos teóricos básicos da materia serán impartidos mediante lección maxistral, pero cun enfoque participativo por parte da/do estudante. Baseada na exposición oral complementada co uso de audiovisuais e introdución dalgunhas preguntas dirixidas ás e ós estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia e participación a congresos e xornadas de orientación profesional, innovación e emprendimento (Laboralia, Xornadas Orientación Facultade, Plan de Acción Green Campus Ferrol, etc.) e elaboración dunha memoria-informe das mesmas.
A asistencia e participación nestas actividades permitirán ao alumnado profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia e proporcionar coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes ao ámbito de estudo.
Estudo de casos Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e comunicación.
A metodoloxía utilizada nesta materia basearase na Aprendizaxe Baseada en Problemas (ABP). É un método didáctico que permite ao alumnando adquirir coñecementos, habilidades e actitudes, para ser capaz de identificar, analizar e resolver problemas de saúde de maneira eficaz, eficiente e humana (Bridges, 1991; Branda, 1990)
No ABP un grupo pequeno de alumnos/as reúnese, coa facilitación de titor, para analizar e resolver un problema (escenario) seleccionado ou deseñado especialmente para o logro de certos obxectivos de aprendizaxe.
Cada estudante integrado, obrigatoriamente dentro dun grupo pequeno (5-6 membros), traballará conxuntamente na resolución das tarefas asignadas polo profesor para optimizar a súa aprendizaxe e o do resto dos membros do grupo. O desenvolvemento deste escenario farase durante as horas de seminario e en cada grupo nas horas de traballo autónomo.
Os grupos comporanse o primeiro día de clase da materia. Os resultados dos escenarios entregaranse a través da plataforma Moodle co nome de arquivo: EscenarioX_GrupoXnº.PDF
Seminario Clase en grupo para o estudo intensivo da xestión podolóxica e o uso do software de xestión clínica COGECOP ou equivalente da que a/o alumna/o deberá de realizar unha memoria de uso e valoración do mesmo.
Traballos tutelados Traballo en grupo de 5-6 alumnos/as no que se fará un proxecto de creación dun centro sanitario en que se presten os servizos de podoloxía e no que se deberán de describir:
- os trámites legais e administrativos necesarios para a creación de clínica podolóxica.
- procedementos para a creación e xestión dunha clínica podolóxica.
- plan de negocio e mercadotecnia da clínica podolóxica.
- localización e deseño da clínica podolóxica.
Este traballo deberase de entregar a través da plataforma Moodle. co nome: CS_podologiaGrupo.PDF
Proba de resposta múltiple Exame con 30 preguntas tipo test cunha única resposta correcta.
Devandito exame realizarase sobre a totalidade dos contidos da materia e todos os materiais entregados a través da plataforma Moodle así como os escenarios do "Estudo de casos".
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes