Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Ortopodoloxía 1
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais consisten en clases expositivas-participativas dos contidos básicos da materia, con apoio de imaxes, vídeo, etc. As sesións maxistrais centraranse na exposición e debate dos contidos principais do temario.
Facilitarase aos estudantes o temario cos contidos teóricos básicos da materia, así como material para traballar na aula ou fóra dela. Todo o material estará accesible para o alumnado na plataforma MOODLE https:// campusvirtual. udc.es/ moodle/.
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio teñen como obxectivo que o alumnado:
1. Describa a composición e o funcionamento dun taller ortopodolóxico e identifique os principais riscos de accidentes asociados ao seu uso
2. Manexe os equipos e o instrumental necesario para a obtención de moldes e tratamentos ortopodolóxicos, aplicando as normas de seguridade e prevención de riscos
3. Obteña os diferentes moldes parciais e totais da extremidade inferior, mediante as técnicas contrastadas de maior uso na actualidade
4. Identifique os diferentes materiais terapéuticos utilizados na obtención de ortesis plantares e dixitais

Para as prácticas de laboratorio o estudante debe de descargarse o guión e o temario teórico práctico correspondente á práctica, que estarán a disposición do alumno na facultade virtual (Moodle).
Seminario Nos seminarios abordaranse de forma participativa, temas específicos das unidades didácticas do temario da materia, sobre os cales se desenvolverán actividades en grupo, preferentemente, mediante a resolución de cuestións relacionadas cos temas impartidos. Traballaranse competencias específicas da materia e transversais como a procura de documentación, a discusión de resultados o fomento do inglés.
Recensión bilbiográfica A recensión bibliográfica é unha actividade individual consistirá na lectura crítica de artigos científicos e outros documentos relacionados cos contidos da materia; as bases da actividade poñeranse a disposición do alumnado ao comezo do curso académico na facultade virtual.
Proba mixta Exame con preguntas de proba obxectiva e preguntas de proba de desenvolvemento. No exame incluiranse preguntas relacionadas cos contidos desenvolvidos tanto nas sesións maxistrais, como nos seminarios e nas prácticas de laboratorio.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes