Guia docenteCurso
Facultad de Enfermería y Podología
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Ortopodoloxía 3
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A20 A22 B3 B12 C1 A proba mixta consistirá nun exame tipo test.
O día do exame facilitarase por escrito a puntuación das preguntas.
Devandito exame realizarase sobre a totalidade dos contidos da materia e todos os contidos desenvolvidos tanto nas sesións maxistrais, como en talleres, prácticas de laboratorio e exposición de traballos tutelados.
É necesario obter, polo menos, un 50% da cualificación total da proba obxectiva para superar a materia.
60
Prácticas de laboratorio A20 A22 B5 B7 B14 B19 SERÁ OBRIGATORIO A ASISTENCIA Á TOTALIDADE DAS PRÁCTICAS DE LABORATORIO PARA SUPERAR A MATERIA.
Ao comezo de curso elaborarase un calendario de prácticas por grupo. Nos últimos días das prácticas realizarasé un examen práctico sobre un caso clínico simulado no que o alumnado deberá elaborar un tratamento ortopodolóxico. É necesario obter, polo menos, un 50 % da calificación total do examen práctico para superar a materia
20
Obradoiro A20 A22 B1 B3 B5 B7 B9 B11 B12 B14 B19 C3 C5 C7 Avaliarase a presencialidad e participación do alumnado nas diferentes actividades realizadas nos talleres. Non é obrigatoria a asistencia aos obradoiros para superar a materia, pero si avaliable. 10
Traballos tutelados A20 A22 B5 B9 B11 C3 C5 C7 Avaliarase o interese do tema, a procura bibliográfica e a estrutura e contido do traballo. O alumnado deberá expoñer de forma oral o traballo na clase e a exposición tamen computará na avaliación. A asistencia a exposición dos traballos e obrigatoria.
Ao comezo de curso fixarase a data límite de entrega de traballos e a data de exposición. É necesario obter, polo menos, un 50 % da calificación total do traballo tutelado para superar a materia.
10
 
Observacións avaliación

PARA SUPERAR A MATERIA É NECESARIO:

- PRÁCTICAS DE LABORATORIO: Asistir á totalidade das prácticas de laboratorio. Superar a proba práctica cun 50% da cualificación total desta.

- TRABALLOS TUTELADOS: Realizar o traballo tutelado de acordo ás pautas do profesor. Obter, polo menos, un 50% da cualificación total do traballo tutelado. A asistencia á exposición dos traballos tutelados é obrigatoria.

- PROBA OBXECTIVA: Superar a proba obxectiva cun 50% da cualificación total desta.


É NECESARIO QUE A SUMA DE TÓDALAS METODOLOXIAS OBTEÑAN UN 50% DA CUALIFICACIÓN TOTAL DA MATERIA

MATRICULA DE HONRA. O alumnado con nota igual ou superior a 9 poderán optar a matrícula de honra. A decisión tomarase por nota máis altas.

NON PRESENTADO. O alumnado que non se presente á proba mixta será avaliado como "NON PRESENTADO", independentemente da participación noutras actividades.

MATRICULA PARCIAL. Para superar a materia deben superar nun 50% a nota da proba obxectiva e nun 50% a nota das Prácticas de laboratorio. A asistencia ás Prácticas de laboratorio É obrigatoria. O traballo tutelado teñen a posibilidade de facelo de modo individual. É obrigatorio a exposición e a asistencia ó día da exposición.A asistencia ós obradoiros pode ser sustituida pola realización dun Traballo a acordar co profesor. O alumnado debe informar ó profesor desa situación como moito ata un mes despois do inicio das clases.

OPORTUNIDADE ADIANTADA. O alumnado que non teña pendente mais de 12 créditos, de materias das que xa estivese matriculado nalgún curso académico, ou de 18 créditos correspondentes ás prácticas, ademais do TFG, para finalizar os seus estudos poderá concorrer a unha oportunidade adiantada de avaliación, que se realizará antes da finalización das actividades académicas do 1º cuadrimestre, naquelas datas que se establezan no calendario académico aprobado polo Consello de Goberno. Os criterios de avaliación serán os mesmos que para o resto do alumnado.

2º O POSTERIORES OPORTUNIDADES. O alumnado presentado a 2º ou posteriores oportunidades gardaráselles as notas da parte de proba práctica, obradoiros, traballos tutelados e exposición oral sempre que participase e superase as diferentes actividades.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes