Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Patoloxía Podolóxica 1
   Competencias do título
Código Competencias do título
A19 Coñecer e identificar os procesos patolóxicos do pé e sistémicos con repercusión podolóxica, pé de risco e os parámetros clínicos patolóxicos das afeccións estruturais e funcionais do aparato locomotor en decúbito, bipedestación estática e dinámica. Identificar as lesións dermatolóxicas e o seu tratamento. Coñecer e aplicar a Farmacoloxía especifica de uso podolóxico.
A20 Coñecer e desenvolver as técnicas de exploración, para emitir un diagnóstico e pronóstico, e deseñar o plan de tratamento ortopodolóxico da patoloxía da extremidade inferior. Traumatismos óseos e músculo ligamentosos. Patoloxía do antepé e do retropé. Deformidades conxénitas. Lesións neurolóxicas. Amputacións. Asimetrías.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B9 Fomento dunha segunda lingua de interese para a profesión.
B11 Coñecementos de informática relativos ó seu ámbito de estudo.
B12 Capacidade de xestión da información.
B18 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
B19 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes