Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Patoloxía Podolóxica 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A19 A20 B1 B11 C3 As actividades relacionadas cos seminarios son obrigatorias e non se poden recuperar ou substituír por outras actividades da materia, coa excepcion do alumnado de matricula parcial que deberan realizar as actividades que se indiquen e entregalas no momento indicado, esta programación realizarase cando se presente o caso.
Realizaranse 2 actividades (en grupo ou individuais)con calificacions de 3 puntos cada unha.
É necesario alcanzar a metade da puntuación para superar a materia.
En caso de non alcanzar a metade da puntuación, na convocatoria de xullo o alumnado debrá responder 2 preguntas (que terán un valor de 4 puntos) sobre as temáticas dos seminarios e alcanzar polo menos un 80% da puntuación das mesmas.
6
Prácticas de laboratorio A19 A20 B7 B18 C4 É obrigatoria a asistencia á totalidade das prácticas de laboratorio para superar a materia.
O alumnado debe entregar un dossier cos datos das exploracións realizadas durante as prácticas o día no que finalicen as mesmas e realizar unha proba práctica que poderá ser oral ou escrita.
10
Estudo de casos A19 A20 B3 B12 C7 Cada grupo debe entregar un dossier sobre os casos traballados, a argumentación do diagnóstico e o plan de tratamento. Establecerase durante a planificación do curso a data de entrega dos devanditos dossieres.(valor 12). É necesario alcanzar a metade da puntuación para superar a materia.

A asistencia ás sesións de estudos de casos é obrigatoria, queda excluído desta obrigatoriedade o alumnado de matricula parcial que entregase as actividades que se lles programen cando se presente a situación.
Na data do exame final da materia cada alumno/a debe resolver de forma individual un caso e entregar de forma escrita o razoamento do mesmo.(valor 12). É necesario alcanzar a metade da puntuación para superar a materia.
En caso de non alcanzar a metade da puntuación do dossier , na convocatoria de xullo o/a alumno/a deberá alcanzar o 100% da puntuación do caso individual.
24
Proba mixta A19 A20 B3 B19 Realizarase un exame con 20 preguntas de proba obxectiva e 3 preguntas de proba ensaio. Os contidos que se avaliarán neste exame serán os desenvolvidos durante as sesións maxistrais, as prácticas de laboratorio e os seminarios.
A avaliación da proba mixta distribuirase con 30 puntos para a proba obxectiva e 30 puntos para as preguntas ensaio, para poder superar a proba mixta o alumno/a debe alcanzar polo menos 15 puntos en cada unha das partes.

60
 
Observacións avaliación

Para superar a materia o alumnado debe alcanzar a metade da puntuación en cada unha das metodoloxías propostas avaliables obrigatorias; é dicir: Seminario:3 puntos Prácticas de laboratorio: 5 puntos Estudio de casos: 6 puntos do dosier do grupo e 6 puntos da resolución individual. Proba mixta: 15 puntos a proba obxectiva e 15 puntos a proba ensaio.

Convocatorias extraordinarias e/ou de segunda e posteriores matrículas: Para aqueles alumnos/ás que cursasen polo menos unha vez as prácticas, poden acollerse á opción de presentarse só ao exame teórico, tendo en conta que a cualificación do exame teórico fará media coas cualificacións das prácticas de laboratorio, actividades de seminario e estudo de casos do curso académico no que cursase as prácticas de laboratorio. No caso de non alcanzar a nota mínima dos seminarios e estudos de casos durante o curso o/a alumno/a  terá que presentar na convocatoria de xullo todos os traballos realizados durante o desenvolvemento do curso académico para lograr como máximo a puntuación mínima destes, ademáis na proba teórica haberá polo menos unha pregunta ensaio sobre os contidos traballados nos seminarios que deberá ser superada con polo menos o 75% da puntuación que corresponda á devandita pregunta

A cualificación de Matrícula de honra será otorgada automáticamente a aqueles alumnos que alcancen a cualificación de 10. No caso de que exista maior número de alumnos que matriculas de honra asignadas á materia, ou existan alumnos con cualificación de 9 ou mais, logo de solicitude por escrito dos alumnos interesados;se programará, en data e hora acordada cos interesados, a realización dun exame tipo proba obxectiva para asignar as mellores cualificacións do mismo;la matrícula de honra.

Oportunidade adiantada: Será condición necesaria para superar a materia superar unha proba practica na cal se examinase a adquisición de competencias pertencentes ao módulo práctico, posuirá unha cualificación do 10%. A cualificación dos seminarios e casos clínicos será substituída por un único traballo que posuirá unha cualificación do 10%. O exame posuirá un valor do 80% e incluirá ademais das preguntas de proba obxectiva e preguntas curtas, 1 caso clínico que o alumno debe de resolver.

Matrícula parcial: o alumno/a acollido a esta modalidade de matrícula debe de comunicalo á profesora a primeira semana do cuadrimestre no que se cursa a materia. As metodoloxías de estudo de casos e seminarios serán non presenciais para esta modalidade de matrícula, tendo que realizar traballos similares aos realizados na modalidade presencial, traballos que estarán dispoñibles a través da plataforma Moodle.

O alumnado que non se presente ao exame final ou non realice as prácticas de laboratorio recibirá unha cualificación de Non presentado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes