Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Patoloxía Podolóxica 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba práctica A20 B7 O finalizar as prácticas o alumnado debe realizar unha proba práctica na que por sorteo realizará 2 probas exploratorias das aprendidas durante as prácticas. 5
Seminario A19 A20 B1 B11 C3 As actividades relacionadas cos seminarios son obrigatorias e non se poden recuperar ou substituír por outras actividades da materia, coa excepcion do alumnado de matricula parcial que deberan realizar as actividades que se indiquen e entregalas no momento indicado, esta programación realizarase cando se presente o caso.
Realizaranse 2 actividades (en grupo ou individuais)con calificacions de 3 puntos cada unha, o alcance da puntuación pode estar supeditado arealización de probas específicas cando finaliza o seminario.
É necesario alcanzar a metade da puntuación para superar a materia.
En caso de non alcanzar a metade da puntuación, na convocatoria de xullo o alumnado debrá responder 2 preguntas (que terán un valor de 4 puntos) sobre as temáticas dos seminarios e alcanzar polo menos un 80% da puntuación das mesmas.
6
Prácticas de laboratorio A19 A20 B7 B18 C4 É obrigatoria a asistencia á totalidade das prácticas de laboratorio para superar a materia.
O alumnado debe entregar un dossier cos datos das exploracións realizadas durante as prácticas o día no que finalicen as mesmas e realizar unha proba práctica
5
Estudo de casos A19 A20 B3 B12 C7 Cada grupo debe entregar un dossier sobre os casos traballados, a argumentación do diagnóstico e o plan de tratamento. Establecerase durante a planificación do curso a data de entrega dos devanditos dossieres.(valor 12). É necesario alcanzar a metade da puntuación para superar a materia.

A asistencia ás sesións de estudos de casos é obrigatoria, queda excluído desta obrigatoriedade o alumnado de matricula parcial que entregase as actividades que se lles programen cando se presente a situación.
Na data do exame final da materia cada alumno/a debe resolver de forma individual un caso e entregar de forma escrita o razoamento do mesmo.(valor 12). É necesario alcanzar a metade da puntuación para superar a materia.
En caso de non alcanzar a metade da puntuación do dossier , na convocatoria de xullo o/a alumno/a deberá alcanzar o 100% da puntuación do caso individual.
24
Proba mixta A19 A20 B19 B3 Realizarase un exame con 20 preguntas de proba obxectiva e 3 preguntas de proba ensaio. Os contidos que se avaliarán neste exame serán os desenvolvidos durante as sesións maxistrais, as prácticas de laboratorio e os seminarios.
A avaliación da proba mixta distribuirase con 30 puntos para a proba obxectiva e 30 puntos para as preguntas ensaio, para poder superar a proba mixta o alumno/a debe alcanzar polo menos 15 puntos en cada unha das partes.

60
 
Observacións avaliación

Para superar a materia o alumnado debe alcanzar a metade da puntuación en cada unha das metodoloxías propostas avaliables obrigatorias; é dicir: Seminario:3 puntos Prácticas de laboratorio e na proba práctica: 5 puntos;  Estudio de casos: 6 puntos do dosier do grupo e 6 puntos da resolución individual. Proba mixta: 15 puntos a proba obxectiva e 15 puntos a proba ensaio.

Os alumnos de matrícula parcial que obtiveran a dispensa académica, estarán exentos da asistencia os seminarios e estudos de casos, deberán de entregar en tempo e forma as actividades propostas polo profesorado para sustituir as citadas actividades presenciais.

Convocatorias extraordinarias e/ou de segunda e posteriores matrículas: Para aqueles alumnos/ás que cursasen polo menos unha vez as prácticas, poden acollerse á opción de presentarse só ao exame teórico, tendo en conta que a cualificación do exame teórico fará media coas cualificacións das prácticas de laboratorio, actividades de seminario e estudo de casos do curso académico no que cursase as prácticas de laboratorio. No caso de non alcanzar a nota mínima dos seminarios e estudos de casos durante o curso o/a alumno/a  terá que presentar na convocatoria de xullo todos os traballos realizados durante o desenvolvemento do curso académico para lograr como máximo a puntuación mínima destes, ademáis na proba teórica haberá polo menos unha pregunta ensaio sobre os contidos traballados nos seminarios que deberá ser superada con polo menos o 75% da puntuación que corresponda á devandita pregunta

A cualificación de Matrícula de honra será otorgada automáticamente a aqueles alumnos que alcancen a cualificación de 10. No caso de que exista maior número de alumnos que matriculas de honra asignadas á materia, ou existan alumnos con cualificación de 9 ou mais, logo de solicitude por escrito dos alumnos interesados;se programará, en data e hora acordada cos interesados, a realización dun exame tipo proba obxectiva para asignar as mellores cualificacións do mismo;la matrícula de honra.

Oportunidade adiantada: Será condición necesaria para superar a materia superar unha proba practica na cal se examinase a adquisición de competencias pertencentes ao módulo práctico, posuirá unha cualificación do 10%. A cualificación dos seminarios e casos clínicos será substituída por un único traballo que posuirá unha cualificación do 10%. O exame posuirá un valor do 80% e incluirá ademais das preguntas de proba obxectiva e preguntas curtas, 1 caso clínico que o alumno debe de resolver.

Matrícula parcial: o alumno/a acollido a esta modalidade de matrícula debe de comunicalo á profesora a primeira semana do cuadrimestre no que se cursa a materia. As metodoloxías de estudo de casos e seminarios serán non presenciais para esta modalidade de matrícula, tendo que realizar traballos similares aos realizados na modalidade presencial, traballos que estarán dispoñibles a través da plataforma Moodle.

O alumnado que non se presente ao exame final ou non realice as prácticas de laboratorio recibirá unha cualificación de Non presentado.

Os traballos deberán recoller redaccións orixinais realizadas polo alumnado, as situacions de Plaxio levarán o suspenso da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes