Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Patoloxía Podolóxica 2
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Describiranse diferentes situacións clínicas, facilitandolle aos estudantes datos da anamnesis, motivos de consulta,datos da exploración física imaxes e probas complementarias. Ante estes datos cada grupo de estudantes deben realizar un diagnóstico xustificado e razoado da patoloxía do paciente e propor un plan integral de tratamento.
Seminario Mediante o desenvolvemento de diferentes actividades en grupo desenvolveranse e profundarase en diferentes contidos da materia.
Proba mixta Realizarase un exame de proba obxectiva con 70 preguntas, para superar a materia debe alcanzarse nesta proba unha cualificación de 35 puntos.
Sesión maxistral As sesións maxistrais desenvolveranse como clases expositivas-participativas durante as cales se exporán os contidos básicos da materia, con apoio de imaxes, vídeo, etc. As sesións maxistrais centraranse nos contidos principais do temario. A través da plataforma MOODLE( https://campusvirtual.udc.es/moodle/)ofreceranse materiais escritos cos contidos BASICOS do temario.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes