Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Patoloxía Podolóxica 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A19 B1 B3 B5 C3 Cada grupo de traballo entregará un dossier sobre os casos traballados, a argumentación do diagnóstico e o plan de tratamento. Establecerase durante a planificación do curso a data de entrega dos devanditos dossieres.(valor 5). Só se puntuará o traballo dos casos traballados cando o estudante asista ao 80% das sesións presenciais, con excepción dos estudantes de matrícula parcial aos que se lles indicará os casos que deben traballar e a data de entrega.
O día do exame final oficial da materia incluiranse dous casos clínicos no que cada estudante debe resolver de forma individual un caso .(valor 15).
O estudante debe alcanzar polo menos a metade da puntuación en cada unha das partes.
Na convocatoria de Xullo se o estudante non alcanzou a puntuación deberá obter na proba de casos clínicos o 90% da puntuacion (13,5 puntos sobre 15)
20
Seminario A19 B7 B18 C1 C4 C7 As actividades relacionadas cos seminarios é obrigatorio asistir ao 80% das sesións presenciais e non se poden recuperar ou substituír por outras actividades da materia; con execepcion dos estudantes de matricula parcial para os que se programasen actividades específicas cando se presente a situación.
Realizaranse 4 actividades (en grupo ou individuais)con cualificacións de 2.5 puntos cada actividade.
Para aprobar a materia é necesario sumar polo menos 5 puntos dos seminarios.
Na convocatoria de Xullo no caso de que o estudante non asistise aos seminarios deberá responder a 2 preguntas que teran un valor de 10 puntos e alcanzar nas mesmas polo menos un 80% da puntuación outorgada ás mesmas.
10
Proba mixta A19 B3 C3 Realizarase un exame de proba obxectiva con 70 preguntas, para superar a materia debe alcanzarse nesta proba unha cualificación de 35 puntos. 70
 
Observacións avaliación
  1. As cualificacións dos estudos de casos  os seminarios só computarán na cualificación final se se supera o 50% da cualificación da proba mixta. No caso de non se presentar ou non superar a proba mixta na primeira oportunidade, as cualificaciónsdelos estudos de casos e os seminarios computarán na segunda oportunidade se se supera o 50% da cualificación da proba mixta.
  2. As calificacións de estudos de casos e seminarios unha vez superadas poderán conservarse, previa solicitude do estudante, durante 1 curso académico. Nas seguintes matriculas os estudantes deberán cursar obrigatoriamente todas ás actividades.
  3. A cualificación de No Presentado outorgarase no caso de que non se presente á proba mixta.
  4. A cualificación de matrícula de honra, dado o seu carácter graciable, concederase automaticamente aos estudantes que obteñan un 10 na cualificación media da materia . De darse o caso de que haxa máis estudantes con esa cualificación que matrículas se poidan outorgar pola cota oficial establecida, convocarase a todos os estudantes para a realización dunha proba específica de desempate, proba que consistirá en novo exame de características similares ás da proba mixta, exame que se fixará en data e hora de acordo cos interesados/ás. En caso de non existir ningún estudante con cualificación de 10, todos os estudantes que obteñan unha cualificación media superior a 9.0 requisito básico para optar á matrícula de honra, poderá optar á matrícula de honra logo de solicitude ao profes@r e mediante a superación da proba anteriormente descrita. No caso de que non existan solicitudes expresas de opción a matrícula, o profesor resérvase a potestade de outorgalas naqueles casos que, cumprindo o requisito mínimo, puidesen ser merecedores de matrícula pola aptitude e a actitude mostradas durante o desenvolvemento da materia
  5. Estudantes en matrícula parcial: Os estudantes en matrícula parcial deben de comunicalo obrigatoriamente ao profes@r responsable da materia ao inicio do curso (1ª semana). Para este alumnado a cualificación dos seminarios e os estudos de casos pode obterse mediante a realización de traballos dirixidos que o estudante realizará de forma autónoma.
  6. Oportunidade adiantada de avaliación: Os estudantes que se encontren nos supostos recollidos na normativa de xestión académica da UDC dispoñerán desta opción para superar a materia mediante unha proba escrita de características similares á a recollida no proceso de avaliación que terá un peso do 100% da cualificación final
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes