Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Podoloxía Física
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Realizaranse exposicións de contenidos teórico-prácticos por parte do profesorado da materia, fomentándose a interación entre o docente e o alumnado.
Seminario Realizaranse actividades teórico-prácticas en grupos. Valorarase a interacción e a participación do alumnado nos mesmos
Prácticas de laboratorio Realizaranse prácticas en grupos en relación cos temas abordados na sesión maxistral e os seminarios
Traballos tutelados O alumnado, distribuído en grupos deberán de realizar unha serie de traballos a definir cando comece o curso
Presentación oral Os alumnado, dividido en grupos, deberán de realizar unha exposición oral do traballo realizado.
Proba mixta Exame con preguntas (50-70) obxectivas. Cada pregunta terá 4-5 opcións, das cales soamente 1 será válida. Cada 3 preguntas falladas, restarase unha correcta. Para aprobar a materia é necesario que o/a alumno/a consiga polo menos o 50% de preguntas netas nesta proba, e que ademais a suma de todos os items da avaliación some polo menos 5 puntos de 10.
Proba práctica Exame práctico no que o/a alumno/a deberá efectuar unha técnica de cada unha das prácticas desenroladas o longo do curso. Para aprobar o bloque práctico se deberá explicar e realizar correctamente un mínimo de duas técnicas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes