Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Podoloxía Deportiva
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Podoloxía Deportiva Código 750G02025
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Alonso Tajes, Francisco
Correo electrónico
francisco.alonso.tajes@udc.es
Profesorado
Alonso Tajes, Francisco
Correo electrónico
francisco.alonso.tajes@udc.es
Web http://moodle.udc.es/
Descrición xeral O obxectivo xeral da materia é a formación do futuro profesional da podoloxía na aplicación da ciencia podológica ao campo da medicina/podoloxía deportiva, a través do estudo tanto das características xerais da práctica do deporte e o perfil dos e das deportistas, como dos principais factores de risco asociados á realización de exercicio físico e/ou a práctica de deporte, e a súa relación coa aparición de afeccións agudas ou crónicas do membro inferior, especialmente no complexo anatómico nocello-pé. A materia abordará tamén a adaptación e aplicación dos tratamentos dos diferentes campos terapéuticos podolóxicos ás devanditas afeccións, abordando de forma integral tanto o seu tratamento como a súa prevención. Para iso, os principais contidos que se desenvolverán na materia son: Fundamentos de podoloxía deportiva. Exercicio físico e deporte. Superficies. Epidemioloxía das lesións deportivas do membro inferior. Análise podolóxico. Lesións do membro inferior asociadas á práctica deportiva (óseas, músculo-tendinosas, ligamentosas, neurológicas e dérmicas). Prevención das lesións asociadas á práctica deportiva. Estudo podolóxico do calzado deportivo.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen As sesións maxistrais e os seminarios planificados de manera virtual, e a atención personalizada (no formato virtual) *Metodoloxías docentes que se modifican As prácticas e os seminarios presenciais. As 5 horas de seminarios pasaran a ser virtuales con metodoloxías similares á plantexadas para o formato virtual. As prácticas substituiranse pola resolución de casos clínicos. A proba mixta realizarase en formato virtual 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correo electrónico: De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento das tarefas e os traballos tutelados. Moodle: Onde se atopan todos os materiais e a documentación para desenvolver e entregar as tarefas Teams: Para as sesións expositivas e seminarios. 4. Modificacións na avaliación O 10% da cualificación das prácticas outorgarase á resolución de casos clínicos, sendo obrigatorio para optar a superar a materia presentar os 50% dos casos plantexados. *Observacións de avaliación: A devandita modificación de avaliación afecta a todo o alumnado matriculado tanto en matrícula ordinaria como parcial. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes