Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Podoloxía Deportiva
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais consisten en clases expositivas-participativas dos contidos básicos da materia, con apoio de imaxes, vídeo, etc. As sesións maxistrais centraranse na exposición e debate dos contidos principais do temario. Facilitarase ao alumnado o temario cos contidos teóricos básicos da materia, así como material para traballar na aula ou fóra dela. Todo o material estará accesible para o alumnado na facultade virtual da UDC.
Prácticas clínicas Estas prácticas teñen carácter clínico e realizaranse na Clínica Universitaria de Podoloxía. Nelas desenvolveranse os protocolos de exploración e tratamento do paciente deportista, de ser posible, con pacientes reais, e incidirase na aplicación de técnicas de exploración e análise biomecánico do xesto deportivo, probas de diagnóstico e aplicación de tratamentos adaptados ao paciente deportista
Seminario Os seminarios consistirán no estudo de temas concretos relacionados cos contidos da materia, nos que se traballarán tanto competencias específicas como transversais (procura bibliográfica, fomento dun segundo idioma, entre elas), mediante a planificación de diferentes actividades de traballo fundamentalmente en grupo, as cales incluirán actividades como a resolución de casos clínicos relacionados coa actividade física e o deporte, utilizando metodoloxías de traballo colaborativo. Os seminarios tamén poden incluír outras actividades como debates e mesas redondas (de poder ser, estarán vinculadas á asistencia a unha conferencia específica sobre a fisioloxía ou epidemioloxía no deporte, de asistencia obrigatoria para o alumnado matriculado a tempo completo) ou traballo práctico clínico de contidos relacionados coa exploración, diagnóstico ou tratamento podolóxico dos e das deportistas.
Proba mixta Proba mixta que consistirá nunha combinación de preguntas de resposta obxectiva (test) e preguntas de resposta aberta sobre cuestións específicas da materia, entre as cales se poderá incluír resolución de casos clínicos. Esta proba está orientada á demostración por parte do alumnado da adquisición dos coñecementos teóricos básicos expostos e debatidos nas sesións maxistrais e os seminarios, e que compoñen os contidos do temario.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes